Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
emprego
5/3/2012 O 50% do emprego destruíuse na provincia de Pontevedra
A realidade do mercado laboral galego é demoledora. Así se reflicte no informe elaborado polo gabinete de Economía da CIG que foi presentado este luns polo secretario confederal de Emprego, Antonio López Rivera e a economista Natividade López Gromaz. Un estudo que fai un percorrido pola situación sociolaboral e no que se evidencia que, no último lustro, se destruíron en Galiza, nin máis nin menos que 110.400 postos de traballo.
28/10/2011 Descende o número de ocupados, increméntase a taxa de paro e elévase a precariedade, o que evidencia o fracaso das sucesivas medidas impostas, nomeadamente a reforma laboral
Os datos da EPA revelan o grave deterioro do mercado laboral. Por vez primeira descende no III Trimestre a ocupación, cando se trata dun período que colle os meses de verán, onde sempre se constatou un aumento do número de ocupados/as. Tal é así, que con respecto ao mesmo trimestre do ano 2008, que foi cando comezou a sentirse a crise en Galiza, o número de ocupados descendeu en 127.000 persoas, pasando de 1.214.500 a 1.087.000. O número de ocupados diminuíu tamén respecto do II Trimestre deste ano, en 4.400 persoas.
20/10/2011 A CIG, CCOO e UGT mantiveron a primeira xuntanza preparatoria da mobilización e xa fixeron público o cartaz da mobilización
Na tarde de onte produciuse a primeira xuntanza preparatoria da manifestación conxunta convocada en Vigo para o domingo 6 de novembro polos sindicatos CIG, CCOO e UGT en defensa do emprego na comarca. Os tres secretarios comarcais participaron na reunión na que se trazaron as primeiras liñas da campaña.
20/10/2011 Desenvolverase no Auditorio do Mar entre as 10.30 e as 19.00 horas
A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA) e a Secretaría Confederal de Formación da CIG organizan este venres 21 de outubro en Vigo a I Xornada “A formación para o emprego” na que hai inscritas 230 persoas de toda Galiza.
15/10/2011 CIG, CCOO e UGT denuncian que hai 60.000 persoas sen emprego na bisbarra e que en tres anos destruíronse máis de 50.000 postos de traballo na provincia
Os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT de Vigo compareceron hoxe en rolda de pensa para anunciar a convocatoria conxunta dunha gran manifestación en defensa do emprego que terá lugar o vindeiro domingo 6 de novembro a partir das 12.00 horas. Os representantes sindicais consideran que a perda de postos de traballo na comarca chegou a unha situación insostíbel e reclaman das administracións central e autonómica a posta en marcha de medidas que estimulen a creación de emprego.
6/5/2011 Delegados/as da caixa concentráronse en Vigo para esixir o mantemento do emprego e das condicións laborais e contra a privatización da entidade galega
Máis de 30 delegados/as da CIG en Novacaixagalicia realizaron hoxe unha concentración de protesta diante da sede central de Vigo para reclamar o mantemento de todos os postos de traballo e das condicións laborais na entidade crediticia. Os representantes sindicais rexeitan os plans privatizadores do Goberno español, que pasan por unha baixada salarial baixo a ameaza de eliminar máis empregos despois dos 900 despedimentos que xa se produciron nas oficinas do país dende a fusión.
10/1/2011 Folgaxeral.galizacig.com inclúe novas, análise, opinión, documentos e datos de interese, así como material para descargar
A Confederación Intersindical Galega vén de poñer en marcha unha nova páxina web con toda a información referente á convocatoria de folga xeral do 27 de xaneiro, ademais de incluír un repaso ás mobilizacións máis importantes organizadas pola central no contexto da crise económica. Nela, o sindicato nacionalista pon a disposición das persoas interesadas o material necesario para entender a actual ofensiva do capital contra a clase obreira e desmontar os falsos argumentos que están detrás da perda de dereitos laborais e sociais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com