10/10/2012
As protestas enmárcanse na xornada Internacional de Loita Estudantil
A Confederación Intersindical Galega apoia a xornada de mobilizacións que se desenvolverá este xoves 11 de outubro, en contra dos recortes que están a aplicar os gobernos do PP no ensino público. As protestas, convocadas en Galiza pola Liga Estudantil Galega, Comités e Agir, desenvolveranse de xeito paralelo nas distintas Autonomías, coincidindo coa Xornada Internacional de Loita Estudantil.
21/9/2012
Alerta que a medida é recentralizadora e un “desatino tanto desde o punto de vista social, como pedagóxico e para a defensa do ensino público”
O anteproxecto de reforma educativa aprobado este venres no Consello de Ministro é unha proposta recentralizadora na medida en que usurpa competencias dos Gobernos autonómicos, denuncia a CIG-Ensino. A proposta reduce dun 45% ao 35% o dereito para fixar currículos que até o de agora lle asistía á Consellaría de Educación e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades.
7/9/2012
A Federación de Ensino da CIG advirte da “covardía” de Feijoó que, ante a convocatoria da mobilización, decidiu non asistir ao acto
As protestas contra os recortes trasladáronse este venres á inauguración do curso universitario no paraninfo da Universidade da Coruña cunha concentración de alumando e profesorado na que participou tamén a CIG-Ensino. Neste acto, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou que a política educativa do PP pon en perigo o mantemento do ensino como servizo público universal.
4/9/2012
“O engano, a mentira, a fraude, a demagoxia, o autoritarismo e o desprezo ao profesorado foron os sinais de identidade e de actuación do Conselleiro”, denuncian
Este curso escolar evidenciou que as medidas adoptadas nos últimos anos foron demoledoras para o ensino público. Así o denunciou hoxe a CIG-Ensino nunha rolda de prensa na que o seu Secretario Nacional, Anxo Louzao, afirmou que nunca o ensino público recibiu tantos e tan graves ataques e recortes, nunha Lexislatura que cualificou como “trienio negro”. “Asistimos ao desmantelamento permanente da educación como servizo público universal e á destrución de emprego e padecemos unha política educativa orientada á mercantilización e posta ao servizo da patronal da privada concertada. Esta aposta pola privada concertada faise cada día máis patente”, engadiu.
6/6/2012
A Consellaría de Educación vén de remitir o borrador calendario escolar para o curso 2012-2013
A Consellaría de Educación vén de remitir o borrador de Calendario Escolar para o curso 2012-2013 que se debaterá na Mesa Sectorial do vindeiro luns 11 de xuño, e na que a CIG-Ensino defenderá, entre outras cousas, a recuperación da xornada matinal reducida en xuño e setembro, a institucionalización do 24 de febreiro como o Día de Rosalía ou que o calendario nas EEOOII non comece até rematar o mes de setembro.
1/6/2012
A organizacións integrantes esixen que non se apliquen máis recortes no ensino público
A Plataforma Galega
en Defensa do Ensino Público fai un chamamento á sociedade para que asista de
xeito masivo á manifestación que se celebrará o próximo 3 de xuño, en Santiago
de Compostela, con saída ás 12.00 h. da Alameda, e que confluirá coa convocada
en defensa da sanidade pública.
1/6/2012
Os peches rotativos promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rematan hoxe venres en Ourense
Os peches en contra dos recortes no ensino público trasladáronse na tarde do xoves ao IES Nº 1 de Ribeira e ao IES Alfredo Brañas de Carballo, onde ducias de persoas tomaron parte na acción reivindicativa. A convocatoria da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que se iniciou o 14 de maio, remata hoxe venres, 1 de xuño, cun encerro na Xefatura Territorial de Educación de Ourense.