marco
Artigos de opinión
Crise na eurozona e o dogmatismo neoliberal da Comisión Europea
15/03/2010Michael R.Krätke
Os déficits públicos son tan vellos como o capitalismo. Tras a descuberta no século XVII do déficit público “permanente”, os mercados fin...
Como Islandia conxelou os seus acredores
15/03/2010Gustavo Veiga
O pequeno país foi un paraíso especulativo e viviu unha burbulla de riqueza que se picou coa crise mundial. Os seus bancos crebados tiñan 3.700...
Grécia: recessão avança e trabalhadores estão em pé de guerra
15/03/2010Umberto Martins
Parece que o capitalismo grego entrou em parafuso. O Produto Interno Bruto (PIB) da Grécia caiu 0,8% nos últimos três meses de 2009 em compara...
O contragolpe militar na Turquia
15/03/2010Lejeune Mirhan
Com Erdogan a partir de 2002, as coisas em Turquia podem estar mudando. Percebe-se hoje, de fato, uma maior presença da religião islâmica na vi...
Chile: O DNA de Piñera e o drama chileno
15/03/2010Marcela Escribano
No rastro de destruição deixado pelo terremoto, também ruiu uma parcela da ideologia enaltecedora do modelo neoliberal que Piñera representa. ...
Folga Xeral
12/03/2010Francisco Miranda Vigo
Bate que bate na lingua
12/03/2010Rafa Villar
O euro e o Fondo Monetario Europeo
12/03/2010Alejandro Nadal
ERE
9/3/2010 O persoal secunda unha nova e exitosa xornada de paro no centro de traballo de A Coruña
10-03-09 Manifestación persoal Sykes
Os traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises manifestáronse este mediodía polas rúas de A Coruña para amosar o seu rexeitamento aos despedimentos masivos que a empresa pretende realizar, así como denunciar un proceso destinado a deslocalizar os centros de traballo da multinacional en Galiza. O persoal comezou a súa marcha dende a sede da empresa no Polígono de Agrela até a delegación da Xunta, pouco despois das doce da mañá, coincidindo coa convocatoria dun paro de tres horas.
3/3/2010 Vivíronse momentos de tensión coa policia
20100303cruzI
O persoal da Cruz Vermella segue coas mobilizacións para rexeitar o peche do hospital, nesta ocasión o mércores 3 de marzo concentráronse diante do edificio da Xunta e posteriormente encadeáronse diante da Dirección Provincial do SERGAS.
2/3/2010 A empresa pretende desfacerse de case 500 persoas nos centros de A Coruña e Lugo
10-03-02 Paros e manifestación en Sykes
Baixo a consigna “polo mantemento do emprego en Sykes, non aos despedimentos, non á deslocalización”, preto de catrocentos traballadores e traballadoras da multinacional do telemárketing participaron nos paros de dúas horas convocados en contra das intencións da empresa de desfacerse de máis da metade do seu persoal. Durante o paro da mañá, que se volveu repetir na quenda de traballo da tarde, traballadores/as e delegados/as sindicais desenvolveron unha manifestación que partiu dende ás portas de Sykes até as oficinas que Vodafone ten situadas en Agrela, dificultando a circulación do tráfico en boa parte do polígono industrial.
2/3/2010 Anuncian que radicalizarán as súas protestas pola falta de vontade que hai en solucionar este conflito
20100302cruzvermella
Ás once da mañá tiña lugar unha nova rolda de prensa do Comité de Empresa do hospital da Cruz Vermella de Vigo, na que abordaron o estado das negociacións coa Cruz Vermella en Madrid, asi como un importante informe económico contrario ao expediente de regulación presentado, entre outros documentos que salientan que non existen razóns económicas para fechar este centro de saúde, máis alá da vontade desta "ONG" de deixar a atención sanitaria e pechar con razón ou sen ela. Tamén anunciaron a convocatoria de novas mobilizacións para esta semana.
26/2/2010 Na quenda entre as 10:00 e as 12:00 horas e na quenda da tarde, entre as 17:00 e as 19:00 horas
10-02-23 Paros Sykes
O Comité de Empresa de Sykes vén de anunciar a convocatoria de mobilizacións todos os martes diante da empresa, con desprazamentos até as sedes dos clientes, Vodafone e Telefónica. Denuncian que os despedimentos son froito dunha decisión empresarial, coa complicidade do goberno central e que nin este, nin a Xunta de Galiza teñen adoptado medida algunha ante a transferencia de datos de clientes.
9/2/2010 O 5 e o 8 de Febreiro houbo novas concentracións contra estes setenta despedimentos
20100208cruzvermella
Cortes de tránsito en Beiramar, concentracións e moito ruido para chamar á atención do que está a acontecer no hospital da Cruz Vermella de Vigo, iso é o que están a facer as traballadoras e traballadores deste hospital, asi como as centrais sindicais. O 8 de febreiro tivo lugar a primeira reunión sobre o ERE de extinción dos 70 contratos deste hospital e despois de tres horas de reunión non se chegou a ningún acordo, mentres se está a desmantelar pola via dos feitos este hospital co traslado dos pacientes a outros hospitais de fóra de Vigo, co transtorno para a súa saúde e os problemas que supón isto para as súas familias.