7/3/2012
Denuncia que pretende impor recortes e despedimentos aproveitando a Reforma Laboral
CIG-Banca vén de facer pública unha nova
proposta da dirección de Novagalicia Banco que mellora levemente as indemnizacións
do persoal afectado polo peche de oficinas fóra de Galiza, pero empeora as
indemnizacións das baixas e aumenta os recortes salariais. A federación advirte
que o que se pretende é impor despedimentos e recortes aproveitando a reforma
laboral. Por iso chama a participar nas manifestacións que a central sindical
ten convocadas para o 10 de marzo en todas as cidades galegas e a sumarse á
folga xeral do vindeiro 29 de marzo.
7/3/2012
O Comité demanda da dirección que acredite a perda do contrato con Telefónica-Movistar, e a esta última que aclare en que plataforma vai operar
O Comité de Sykes Enterprises vén de iniciar un calendario de mobilizacións en rexeitamento ás pretensións da empresa de despedir a 165 traballadoras/es da plataforma da Coruña, aproveitando as facilidades da reforma laboral. O persoal realizou unha concentración ás portas da empresa entre as 14:30 horas e as 15:30 horas deste mércores e mañá está convocada unha nova protesta por parte da CIG, a partir das 12:00 horas.
29/2/2012
A multinacional convértese así na primeira empresa da comarca en aproveitar as facilidades da nova reforma laboral para reducir persoal
O Comité de Sykes quere manifestar publicamente o seu máis firme rexeitamento ás pretensións da dirección de despedir a 165 traballadores/as da plataforma da multinacional na Coruña. Esta medida efectivizaríase, segundo comunicou á empresa, a través do despedimento de 81 traballadores/as eventuais e coa aplicación dun ERE de extinción para outros 84 empregados/as fixos/as, baixo as condicións estabelecidas na nova reforma laboral.
28/2/2012
Celebrouse tamén unha asemblea para explicar, entre outras cousas, a situación na que se atopa a negociación do ERE que afecta a 800 persoas
Persoal de novagalicia banco concentrouse en Ourense para demandar a
readmisión dun compañeiro inxustamente despedido. Previamente tivo lugar unha asemblea
para explicar o despedimento inxusto do compañeiro, a situación da negociación
do novo ERE para 800 persoas, o impacto laboral da reforma laboral e como
preparación cara a FOLGA XERAL do 29 de
marzo.
27/2/2012
A asemblea de traballadores/as acordou, o pasado venres, suspender as mobilización, ante a apertura de negociacións
O persoal da empresa concesionaria do servizo
de limpeza da Universidade de Santiago, Clece, acordou por unanimidade, na
asemblea celebrada o pasado venres día 24 de febreiro, suspender as mobilizacións
e iniciar negociacións coa contrata, logo de que esta anunciara a súa intención
de retirar o ERE. A primeira xuntanza deste novo período de conversas celébrase
esta tarde.
24/2/2012
Sospeitan que o empresario quere converter a metalúrxica nunha ETT
A empresa ourensá COMESCOR (Componentes
Metalúrgicos Orensanos S.L.) adebeda aos seus 23 traballadores 6 mensualidades.
Presentou concurso de acredores e un ERE extintivo que de saír adiante deixará
no paro a todos agás o xerente, dous encargados e dous traballadores de
oficina. Aseguran que durante este tempo, aínda que si houbo certa diminución,
mantívose a carga de traballo, pero denuncian que, por algunha razón, os
encargos cobrábanse por debaixo de custo. Desde o 17 de febreiro están en folga
indefinida, facendo gardas diante da nave, para evitar que se saque o ferro que
está dentro.
24/2/2012
A Sección Sindical da CIG rexeita o acordo para a suspensión temporal porque a empresa non garante a continuidade da fábrica nin dos empregos
A Sección Sindical da CIG en Alcoa quere reiterar que non participa na sinatura do acordo do ERE para a planta da Coruña porque non recoñece as causas económicas e produtivas achegadas pola dirección na documentación do expediente e nas que basea esta medida. Os delegados da CIG tampouco poden aceptar o Plan de Acompañamento Social do ERE porque non quedan recollidas garantías do mantemento do emprego nin da continuidade da actividade da fábrica.