Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
ERE
22/2/2012 A central entende que existen alternativas aos despedimentos e denuncia que a entidade pretende precarizar as condicións laborais
Delegados e delegadas da Federación de Banca da CIG concentráronse este mércores ás portas da Oficina principal de Novagalicia Banco na Coruña para rexeitar as pretensións da entidade financeira de aplicar un ERE que afectaría a case 800 traballadores e traballadoras. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións que a Sección Sindical da CIG nas antigas caixas ten previsto levar adiante nas próximas semanas en contra dunha medida que suporía agravar o custe laboral orixinado co proceso de fusión e unha perda das condicións salariais e sociais do conxunto do persoal.
16/2/2012 Os traballadores e traballadoras volveron manifestarse na tarde do xoves contra a regulación de emprego
A Sección Sindical da CIG en Alcoa manifestou o seu rexeitamento ao preacordo asinado no día de hoxe, xoves 16 de febreiro, para o ERE de suspensión temporal na fábrica da Coruña, ao non recoñecer as causas económicas nin produtivas nas que está baseada o expediente, pois a situación da fábrica “non é conxuntural senón provocada”.
9/2/2012 Novagalicia Banco presenta o seu plan de medidas tras do que se agocha o novo ERE, seguindo mesmo os trámites necesarios para efectivizalo
A dirección de Novagalicia Banco achegou, na xuntanza do 7 de febreiro, o “Plan de medidas de acompañamento social”. A primeira parte denominada “Memoria de Causas Económicas, organizativas e produtivas”; a segunda “Medidas extintivas de contratos de carácter inmediato” e a terceira “Medidas de aforro de custos e xestión gradual do excedente dirixidas a reducir ou paliar os efectos da extinción de contratos”. A documentación forma parte, segundo a CIG-Banca, da que legalmente deben presentar as empresas en caso de ERE, aínda que incompleta. Por iso, xa convocou una protesta no Parlamento de Galiza o día 15.
6/2/2012 A central denuncia que se están a contabilizar como ocupadas/os a través do programa a persoas que atoparon traballo polo súa propia iniciativa
A CIG quere desmentir rotundamente as cifras achegadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a Consellaría de Industria a respecto da eficacia e a inserción laboral acadadas a través do programa EmpregaTex. Segundo os datos dados pola Xunta, un total de 200 traballadoras e traballadores afectadas/os por EREs no sector do téxtil atoparon emprego grazas ao programa EmpregaTex.
3/2/2012 A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
3/2/2012 Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio servizo de limpeza da Universidade.
2/2/2012 Sosteñen que Paloma Hidalgo centrou a súa xestión no recorte de gastos e descoidou a busca de novas vías de negocio
Os tres delegados/as de persoal da Fundación Semana Verde de Silleda (dous da CIG e unha de CCOO) compareceron hoxe en rolda de prensa xunto a representantes dos dous sindicatos para explicar como se atopa a tramitación do ERE e denunciar que a mala xestión da entidade é culpábel da delicada situación económica que provocou nove despedimentos. Tamén amosaron a súa confianza en que o recurso de alzada presentado contra o ERE temporal lles sexa favorábel e adiantaron que nos vindeiros días manterán unha reunión co presidente da Fundación e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com