2/11/2012
A Área Pública da CIG manifesta o seu máis rotundo rexeitamento e lembra que xa o denunciara cando se aprobou a última Reforma Laboral
O pasado 30 de
outubro publicábase no BOE o Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, no que
se desenvolve o procedemento de despedimento colectivo a aplicar nas
administracións públicas (Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro). Unha medida aprobada polo goberno do PP á que
a Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde) manifesta a
súa máis rotunda oposición, porque supón acelerar o proceso de desmantelamento
dos servizos públicos e provocar unha masiva destrución de emprego. Por iso,
fan un chamamento a todas as empregadas/os públicos a sumarse masivamente á
folga xeral convocada para o vindeiro día 14 de novembro.
30/10/2012
O alto tribunal galego entende que non quedaron acreditadas as causas alegadas pola empresa, que agora terá que readmitir ou indemnizar ao persoal afectado
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de declarar “non axustado a dereito” o expediente de extinción de emprego presentado por Arias Hermanos para 28 traballadores/as, xa que non considera probadas as causas económicas e produtivas alegadas pola empresa. A sentenza estabelece que os despedimentos executados son improcedentes e condena a Arias Hermanos a readmitir ao persoal afectado ou a abonarlle unha indemnización de 45 días por ano traballado.
24/10/2012
Representantes do comité trasladáronlle á Inspección de Traballo os incumprimentos da dirección da firma viguesa
Os traballadores/as da compañía viguesa Berbescon, dedicada á elaboración, transformación e comercialización de produtos derivados do peixe conxelado, volveron percorrer hoxe as rúas da cidade en manifestación para denunciar os incumprimentos da empresa e reclamar o pago dos salarios pendentes. A marcha rematou fronte á Inspección de Traballo, onde representantes sindicais e do comité de empresa mantiveron unha xuntanza co seu responsábel.
19/10/2012
O persoal afectado atópase nunha situación de total indefensión xa que levan 45 días sen traballo e o INEM non lles recoñece o dereito á prestación por desemprego
Traballadores/as de Maessa, empresa auxiliar de Navantia, concentráronse este venres diante do estaleiro de Ferrol en solidariedade coa situación que están a vivir dez compañeiros afectados por un ERE de extinción, aos que o servizo público de emprego non lles recoñece o dereito a cobrar a prestación por desemprego, porque a Inspección de Traballo emitiu un informe no que cuestiona a validez do ERE. Os traballadores/as realizaron unha concentración e comparecencia aos medios este venres para explicar a situación de indefensión na que se atopan tras 45 días sen traballo e sen poder cobrar o paro.
14/9/2012
Dende a central nacionalista reclaman outro tax lease e un novo sistema de financiamento para que as empresas galegas poidan competir en Europa
A CIG saíu hoxe ao paso das últimas
informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre o sector
naval da Ría de Vigo para denunciar a falta de compromiso político
da Xunta e do Goberno español cun sector fundamental para a comarca
e estratéxico para o conxunto do país. Dende a central nacionalista
auguran a desaparición da industria auxiliar se antes de final de
ano non se establece un novo sistema de bonificación fiscal e se
creen mecanismos para que as empresas poidan optar a financiamento.
12/9/2012
Os empregados/as da empresa con sede en Bouzas realizan quendas de 24 horas para evitar a saída de material
Os traballadores/as da empresa Hermanos Rodríguez Gómez de Vigo levan xa máis dun mes en folga para reclamar o pago dos máis de sete meses de salarios que se lles adebeda. Dende hai varias semanas manteñen vixiadas as instalacións da compañía, no peirao de Bouzas, en quendas de 24 horas para evitar a saída de material, mentres que para o luns teñen convocada unha nova manifestación.
1/8/2012
O empresario explicoulle á Inspección, esta mañá, que non ten traballo para eles e que non os quere dentro da nave
Os traballadores de SEMAR afectados polo ERE
regresaban este 31 de xullo aos seus postos. Porén, ao chegaren ás portas da
nave impedíuselles o acceso. Ás 12:30 horas presentábase na nave a Inspección
de Traballo e o propio empresario explicaba que nin ten traballo para eles, nin
os quere dentro da nave. A estas alturas séguelles adebedando máis de un mes de
salarios.