15/6/2012
A CIG denuncia as contradicións nas que incorre á empresa para xustificar o ERE de extinción e urxe á Xunta a implicarse na defensa dos empregos
As traballadoras de Mafecco iniciaron na tarde deste venres o calendario de mobilizacións en contra do ERE de extinción que a empresa pretende levar adiante e que o persoal considera “unha fraude”. A mobilización, que se realizou diante da fábrica ao remate da quenda de traballo, terá continuidade o xoves 21 de xuño, cunha protesta ás portas da Delegación da Consellaría de Traballo no Mercado de Elviña.
13/6/2012
O xoves terá lugar a primeira xuntanza do período de consultas e o venres, 15 de xuño, está convocada unha concentración ás portas da empresa, a partir das 16:00 horasde
As traballadoras e traballadores de Mafecco expresaron, durante a asemblea xeral celebrada esta tarde, o seu unánime e total rexeitamento aos 42 despedimentos que pretende acometer a empresa por entender que carecen de calquera tipo de xustificación e, ao mesmo tempo, trasladaron a súa sorpresa ante a proposta de ERE de extinción, tendo en conta o intenso ritmo de traballo que vive a fábrica ante incremento da carga de traballo.
12/6/2012
A Dirección comunicou este mesmo martes ao Comité as súas pretensións de despedir a 42 traballadoras/es
O Comité de Mafecco e a CIG queren amosar o seu rexeitamento ás intencións da dirección da empresa de téxtil de levar adiante un expediente de extinción de emprego que afectaría a máis do 50% do cadro de persoal da fábrica de Sabón (42 traballadoras/es dun total de 78). Estes despedimentos carecen de calquera xustificación e supoñen unicamente un alarde de prepotencia e “chulería” por parte da dirección, que se acolle á permisividade que lle outorga a regresiva reforma laboral para executar os despedimentos.
12/6/2012
A empresa téxtil ourensá presentou un ERE que afecta a 50 persoas e unha proposta de redución salarial do 5%
Os membros do
consello de administración e de alta dirección da empresa Adolfo
Domínguez recibiron 981.000 euros no ano 2011, o que supón un
aumento do 2,4% respecto ó ano anterior, segundo os datos
facilitados á Comisión Nacional do Mercado de Valores. Seis
conselleiros recibiron 763.000 euros, fronte aos 758.000 do ano 2010,
e tres persoas que forman parte da alta dirección, pero non son
conselleiros executivos, obtiveron unha retribución de 218.000 euros
fronte aos 200.000 do ano anterior.
4/6/2012
Os empregados/as da firma téxtil ourensá iniciaron unha campaña de mobilizacións para denunciar a aplicación da reforma laboral
O comité de empresa de Adolfo
Domínguez está a levar a cabo un calendario de mobilizacións para
rexeitar o ERE que afecta a 50 traballadores/as e a rebaixa salarial
do 5% propostos pola dirección. Dende a CIG denuncian que o
empresario está a aplicar toda a agresividade da reforma laboral
contra uns empregados/as que na súa maioría non superan o Salario
Mínimo Interprofesional (SMI).
31/5/2012
A central nacionalista alerta que os Expedientes de Regulación de Emprego pasaron de 22 no mesmo período de 2011 a 34 no actual
A Unión Comarcal da CIG de Ourense vén
de constatar que no que vai de 2012 os Expedientes de Regulación de
Emprego (ERE) aumentaron un 54,5% con respecto ao mesmo período do
ano anterior. Deste xeito, dende xaneiro a xuño rexistráronse un
total de 34, mentres que no mesmo período en 2011 foron 22.
16/5/2012
Onte convocaron unha concentración diante das instalacións da empresa, en Touro
Corenta e un
traballadores da empresa ‘Francisco Gómez e Cia’, quedarán na rúa logo de
executarse o ERE aprobado unilateralmente pola empresa e que foi xustificado en
previsión de perdas futuras. Este martes, os traballadores, apoiados por
representantes da CIG-Construción, concentrábanse diante das instalacións do
grupo en Touro.