Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
estiba
16/11/2011 As empresas comprometéronse a promover un itinerario para o que resta de ano e a deseñar, antes do 31 de xaneiro, os protocolos anuais de formación
A folga que os estibadores portuarios do Porto de Ferrol tiñan convocada para novembro e decembro foi suspendida logo de que a parte social e a SAGEP (Sociedade Anónima de Gestión de Estibadores Portuarios) chegasen a un acordo a respecto dos itinerarios de formación para este colectivo de traballadores/as.
11/5/2010 Os traballadores/as reclaman garantías de que continuarán realizando os servizos de carga e descarga do tráfico rodado
A folga de estiba convocada polas organizacións sindicais para este martes ten paralizada a actividade do porto de Vigo dende as 8:00 horas e até o momento non se puido realizar ningunha operación. Así mesmo, os traballadores dos portos de Marín e Vilagarcía tamén están secundando o paro en solidariedade cos compañeiros vigueses e contra unha modificación da Lei de Portos que suporá a liberalización total do sector.
29/4/2010 Os días 11 ao 14 de maio, do 18 ao 21 e a partir do 25 do vindeiro mes con carácter indefinido
O Comité de Coordinación sindical do sector da estiba portuaria, integrado por CCOO, UGT, ELA, Coordinadora e CIG, vén de convocar folga nos portos de todo o Estado en contra da modificación da Lei de Portos, que suporá a perda duns 1.500 postos de traballo. A folga realizarase en dúas quendas do 11 ao 14 de maio e do 18 ao 21 de maio, mentres que a partir do día 25 do vindeiro mes terá carácter indefinido.
18/3/2010 A sección sindical da central en Endesa considera moi positiva esta resolución
Logo dun longo proceso xudicial iniciado entre os anos 2003 e 2004, a CIG vén de acadar unha sentenza favorábel e firme (contra a que non cabe recurso), pola que un traballador do Porto de Ferrol pasa ao Réxime Especial de Traballadores do Mar, considerando que realiza labores de estiba e desestiba.
30/10/2009 A empresa Pérez Torres Marítima extinguiulle o contrato por obra, a pesar de continuar as actividades
A FGAMT-CIG de Ferrol desenvolveu unha concentración na mañá do 30 de outubro no Museo Marítimo en apoio a un traballador despedido pola empresa Pérez Torres Marítima, S.L,  e reclamar a súa readmisión, xa que o servizo de estiba e desestiba para o que fora contratado aínda non rematou.
2/10/2009 Libre mercado contra negociación colectiva
A Comisión Nacional da Competencia (CNC) española sancionou con multas por máis dun millón de euros ás partes asinantes do IV Acordo estatal para a regulación das condicións laborais do sector da estiba portuaria, por prácticas restritivas do libre mercado. En concreto, o organismo presidido por Luis Berenguer sancionou a patronal Anesco cunha multa de 901.518 euros, o sindicato Coordinadora Estatal de los Trabajadores del Mar con 168.000 euros, a CIG con 3.900 euros e o sindicato basco LAB con 3.000 euros.
25/6/2009 Os traballadores/as teñen presentado denuncias, a través da central, contra a precariedade laboral que padecen
A CIG de Ferrol vén de denunciar que a empresa Amarradores del Puerto y Ría de Ferrol está a presionar aos traballadores/as para que non celebren as eleccións sindicais que a central preavisou en tempo e forma con data de 14 de xuño. A mesa electoral vaise constituír o vindeiro 14 de xullo e o candidato da CIG acaba de ser despedido. Dende a central atribúense estas medidas coaccionadoras ás denuncias presentadas a través da CIG contra os incumprimentos en materia de prevención e polo exceso de xornada.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com