25/10/2011
En defensa do servizo público de comunicación audiovisual de Galiza, pola produción propia e o emprego
A Executiva
Confederal da CIG manifesta que a Proposición
de lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galiza, que está
a piques de ser aprobada polo Parlamento galego co apoio do PP e o PSdeG, non
aborda unha reforma integral e en profundidade que garanta a superación do
actual modelo de radiotelevisión pública de Galiza, fortemente condicionado
pola dependencia gobernamental e o control político da información.
25/5/2011
É a oitava instalación destas características que a forGA-CIG pon en marcha en Galiza
A forGA-CIG vén de pór en marcha un novo
centro de Formación para o Emprego no polígono Empresarial de Pontecaldelas
(Pontevedra). O centro, que foi inaugurado o pasado martes, día 24 de maio, constitúe
a oitava instalación deste tipo que se pon en marcha en Galiza para satisfacer
as necesidades de formación das traballadoras e traballadores galegos.
20/5/2011
A Executiva Confederal da CIG perante as eleccións municipais
Diante da celebración, o próximo domingo, día 22 de
maio, de eleccións políticas para elixir quen vai formar parte, nos próximos
catro anos, dos gobernos municipais en todos os concellos de Galiza, a
Executiva Confederal da CIG quere facer público o seguinte:
19/10/2010
O órgano de estrutura da CIG acordou celebrar a súa reunión semanal en As Pontes e manter un encontro con Fernando Branco e Alberte Amado
A Executiva Confederal trasladou na mañá deste martes 19 de outubro o apoio da central sindical aos dous compañeiros que dende o pasado sábado están en folga de fame para demandar unha xuntanza co Ministro de Industria, a fin de buscar unha saída ás graves consecuencias que terá para Galiza a entrada en vigor do Decreto do Carbón. Os/as membros da Executiva acordaron manter a súa xuntanza semanal no local da CIG en As Pontes para arroupar así a Fernando Branco e Alberte Amado e reclamar ao goberno estatal a retirada da normativa, ou cando menos, que se modifique o decreto atendendo a proposta concreta achegada pola central nacionalista.
1/9/2010
Haberá asembleas de delegados/as e concentracións nas cidades o 8 de setembro
A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do martes 31 de agosto, estabelecer un calendario de asembleas e concentracións previas á folga xeral convocada para o próximo 29 de setembro. A primeira cita está marcada para o día 7 de setembro, coa celebración dun Secretariado Confederal, e a partir de aí están previstos actos en toda Galiza.
3/2/2010
Anuncia mobilizacións de caracter comarcal e, nos aspectos nos que sexa posíbel, nacional para demandar a súa aplicación
A Confederación Intersindical Galega vén de presentar o documento “Políticas alternativas fronte a crise”, onde se analiza o actual contexto de crise económica e se apuntan medidas dirixidas non só a enfrontala senón mesmo a camiñar cara un novo modelo económico e produtivo. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, adiantou na súa presentación, que estas propostas non quedarán só no papel, senón que o obxectivo é “propiciar un debate para que se tome consciencia da situación” e iniciar mobilizacións para exixir a súa aplicación.
14/10/2009
Atenta contra dereitos fundamentais e pon en cuestión, unha vez máis, a separación de poderes e ao propio Estado de Dereito
A Executiva Confederal da CIG quere facer público a seu rexeitamento á detención da que foron obxecto onte unha decena de persoas na sede do sindicato LAB ou nos seus propios domicilios. A CIG considera que con este tipo de actuacións vulnéranse dereitos fundamentais individuais e colectivos e que se atenta contra principios básicos que deberían ser inalienábeis nun Estado de Dereito.
A CIG considera que estas detencións rachan co principio de separación de
poderes ao utilizaren o executivo e, nomeadamente, o Ministerio do
Interior, á Audiencia Nacional para realizar unhas detencións que teñen
unha clara finalidade política. Máis cando a separación de Poderes
representa un principio básico dos chamados Estados de Dereito para
garantir unha independencia xudicial que no Estado Español está cada
vez máis en dúbida.