1/2/2012
Desmenten que a externalización do servizo supoña un abaratamento dos custes
A Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña manifestou o “máis enérxico” rexeitamento á privatización do servizo de vixilancia dos Centros Cívicos que vén de acordar o goberno local e destacan que en ningún caso suporá un abaratamento dos custes desta actividade.
21/9/2010
A entidade está inmersa nun proceso de externalización de departamentos e traslado do centro de decisión cara Madrid
Uns 200 delegados e delegadas sindicais de bancos e das caixas de toda Galiza trasladáronse esta mañá até as portas das oficinas de Servizos Centrais do Banco Gallego en A Coruña para denunciar a política de despedimentos e o desmantelamento paulatino dos departamentos do banco cara Madrid. O persoal mantivo unha ruidosa protesta durante algo máis de unha hora e mesmo cortou o tráfico durante quince minutos na rúa Linares Rivas, unha das principias vías de A Coruña; momento no que se incorporaron á concentración varios dos traballadores e traballadoras dos Servizos Centrais.
27/8/2010
Os/as traballadores/as están convocados a unha asemblea xeral o vindeiro 7 de setembro para avaliar o inicio de mobilizacións
A sección sindical da CIG no Banco Gallego vén de denunciar o despedimento dos traballadores e traballadoras da entidade adscritos ao Departamento de Estranxeiro, logo de que a empresa decidise externalizar este servizo. Dende a sección sindical sublíñase que nos dous últimos anos se está a producir un desmantelamento progresivo dos servizos centrais de A Coruña mediante o traslado a Madrid ou a exteriorización de departamentos.
Diante destes reaxustes, os traballadores e traballadoras están convocados a unha asemblea xeral o vindeiro 7 de setembro, na que se abordarán posíbeis mobilizacións de cara a evitar máis despedimentos.
28/4/2010
O nome da empresa adxudicataria foi publicado no web da CIG- Adminstración Autonómica hai un mes
A CIG-Administración Autonómica denunciou o pasado 24 de marzo que a Consellaría de Medio Rural poñía os incendios forestais en mans dunha empresa privada e avanzaba, na súa páxina web http://autonomica.cigadmon.org o nome da empresa á que lle ían conceder ese contrato: NATUTECNIA S.L. Daquela xa denunciara que o prego de cláusulas administrativas e de condicións técnicas estaba feito como un traxe a medida desta empresa.
21/4/2010
CIG-Administración Autonómica denuncia que a consellaría recorre á externalización de servizos para labores propios e de carácter estrutural
333.431,19 € é a cantidade que vai saír dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o seguimento e control das accións formativas sectoriais e intersectoriais dirixidas a persoas traballadoras ocupadas no exercicio 2010. Así se recolle na Resolución de 25 de marzo de 2010 da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar pola que se convoca a contratación para a realización destas tarefas.
18/3/2010
A reconversión neste banco leva a externalización e destrucción de emprego
Dende 2007 a Sección Sindical de CIG en BBVA vén denunciando a ilegalidade e as consecuencias que os Proxectos Velázquez e Clima traían ao panorama laboral. Ditos proxectos supoñen unha reconversión precursora na banca tal e como a coñecemos, co obxectivo de transformar a rede nun conxunto de puntos de venda, reducindo postos de traballo e externalizando todo o traballo administrativo en distintas etapas a outras empresas, maiormente OP+, tanto no Estado español como noutros países.
11/6/2009
No marco da II Conferencia nacional de delegados da central na empresa
Na mañá do día 6 de xuño de 2009, tivo lugar na
sede da CIG en Compostela o acto final da “II Conferencia nacional da CIG-Telefónica”,
baixo a palabra de orden: “Na Defensa do Emprego Colectivo en Telefónica”. No
relatorio abordouse o proceso de externalización e segregación que se veu
rexistrando na empresa, e que xa ten ocasionado a destrución de 48.000 empregos
dende 1993. Así mesmo analizouse a intención de Telefónica de realizar unha
nova redución do número de traballadores/as de cadro propio e a substitución do
Emprego Colectivo, “estable e nas condicións pactadas en Convenio Colectivo
(28.000 empregos na actualidade), por unhas relacións laborais
individualizadas, precarizadas e de carácter temporal”.