Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
fgamt
8/2/2012 Require do concello e de TUSSA que se vixíe o estrito cumprimento da lexislación laboral, do prego de condicións e do contrato
A CIG de TRALUSA (empresa adxudicataria do transporte urbano de Compostela) denuncia que a reestruturación das liñas do transporte urbano vai favorecer a amortización de 5 cinco postos de traballo. Os representantes da central sindical denuncian tamén que esta reestruturación supón a ampliación dos traxectos, en varias das liñas, sen que se modifiquen as frecuencias, o que imposibilita, na práctica, o cumprimento das mesmas. Para a CIG é inadmisíbel que, para cumprir os horarios, se lle estea requirindo aos traballadores que fagan o que sexa necesario.
10/12/2010 Os antigos empregados da empresa viguesa ex propietaria das marcas serán indemnizados e iniciarán en breve os contactos para a venta das mesmas
Un xuíz de Palencia ordenou o precintado da fábrica onde a familia Ruiz Mateos viña elaborando os chocolates La Perfección e Viso,despois de que o Tribunal Supremo rexeitase o recurso de casación interposto pola empresa contra a decisión da Audiencia Provincial de Madrid que sinala aos antigos traballadores/es da compañía viguesa que creou as marcas como lexítimos propietarios das mesmas. A sentenza, que tamén fixa unha indemnización, chega cando os ex empregados da compañía comezan os contactos para vender as marcas.
23/9/2010 Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
Os secretarios comarcais das federacións de Banca, Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.
28/5/2010 Transportan a escolares e obreiros nun vehículo particular
A CIG de Porriño vén de denunciar diante da consellaría de Educación e da Dirección Xeral de Mobilidade graves irregularidades no transporte escolar de escolares e traballadores por parte dun vehículo particular ao servizo das empresas do grupo Monbús. A CIG denuncia que nese vehículo particular, unha persoa que cobra unha pensión de xubilación ordinaria  está a realizar servizos de transporte de persoas para as empresas deste grupo.
21/12/2009 Manifestáronse polas rúas de Vigo e concentráronse diante da delegación da Xunta de Galiza, de Promalar e de Caixanova
As traballadoras e traballadores de Alfageme recibiron a confirmación de que cobrarán a nómina do mes de novembro en plena concentración diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo. Alí chegaran en manifestación tras saír das dependencias da empresa, en Bouzas, onde permaneceran pechadas toda a fin de semana. O persoal da conserveira marcha agora de vacacións pero xa se prevén novas xuntanzas no mes de xaneiro, para valorar posíbeis mobilizacións en función da situación. Aínda se lles adebeda a paga extra de Nadal.
10/12/2009 Os traballadores reclaman ao Sergas que obrigue á compañía de ambulancias a cumprir cos termos da contrata
Os 14 traballadores das ambulancias Emersan Galicia, que presta servizo ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, están desenvolvendo a segunda xornada de folga para reclamar o cumprimento dos acordos asinados e reclamar ao Sergas que asuma á súa responsabilidade e obrigue a empresa a cumprir coas condicións da contrata. Os traballadores tamén estiveron repartindo follas informativas nas portas do hospital para explicar aos usuarios/as os motivos da folga.
9/12/2009 O persoal reclama á empresa que cumpra o convenio colectivo e denuncian a falla de medidas de prevención de riscos
Os traballadores das ambulancias de Emersan Galicia, que atende ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, veñen de iniciar unha folga indefinida para reclamar á empresa que cumpra o convenio e adopte medidas reais en materia de prevención de riscos e saúde laboral. A folga, que se está desenvolvendo sen incidentes, afecta ao servizo de transporte de doentes do hospital ferrolán.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com