Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
FGAMT-CIG
6/2/2012 A central denuncia que se están a contabilizar como ocupadas/os a través do programa a persoas que atoparon traballo polo súa propia iniciativa
A CIG quere desmentir rotundamente as cifras achegadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a Consellaría de Industria a respecto da eficacia e a inserción laboral acadadas a través do programa EmpregaTex. Segundo os datos dados pola Xunta, un total de 200 traballadoras e traballadores afectadas/os por EREs no sector do téxtil atoparon emprego grazas ao programa EmpregaTex.
19/1/2012 A central nacionalista obtivo catro representantes, mentres que a UGT sumou só un delegado/a
A Confederación Intersindical Galega volveu acadar moi bos resultados nas eleccións sindicais celebradas na compañía pontevedresa Vertifil Industrial, dedicada ao sector téxtil e con sede en Moraña. A CIG obtivo catro representantes no comité de empresa, mentres que a UGT só sumou un delegado/a.
13/1/2012 Este venres realizaron unha nova concentración diante do edificio da Xunta
A CIG de Ferrol participou esta mañá nunha nova mobilización convocada pola Confraría de Barallobre contra a decisión da Consellaría do Medio Rural e do Mar de excluír ás mariscadoras a pé do Plan de Dinamización da Ría, alegando motivos de índole económica.
4/1/2012 A Federación comarcal da CIG critica os graves recortes que están a sufrir os traballadores e traballadoras da ría
A FGAMT-CIG de Ferrol vén de amosar a súa preocupación polas consecuencias negativas que terá para a comarca a unificación das Consellarías do Mar e do Medio Rural, dada a importancia destes dous sectores para o País e a crítica situación na que se atopa o colectivo de traballadores/as do mar da ría de Ferrol.
3/1/2012 A CIG recorrerá a todas as instancias laborais, legais e políticas para que se poña fin ao acoso que sofre a traballadora
Esta mañá celebrábase nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, o xuízo rápido pola agresión que a traballadora de Autobuses de Calo, Nélida Pisco, sufriu na nave da empresa por parte do encargado. O xuízo foi finalmente aprazado até o 29 de marzo, a solicitude do avogado da CIG, para que se poidan presentar os informes médicos pertinentes sobre o estado físico de Pisco. Transcorrido tan pouco tempo desde a agresión, aínda non están todos os resultados das probas realizadas, algunhas esta mesma mañá.
2/1/2012 Convoca unha concentración diante dos xulgados de Fontiñas, este martes 3 de xaneiro, ás 10:30 horas
O pasado mércores 28 de decembro, o encargado de Autobuses de Calo agredía fisicamente a Nélida Pisco na nave da empresa. A traballadora tivo que ser atendida no centro de saúde, onde se levantou o preceptivo parte de lesións. Mañá martes, día 3 de xaneiro, terá lugar, nos xulgados de Fontiñas, un xuízo rápido pola vía penal. A CIG convoca ás 10:30 horas, unha concentración en repulsa a esta agresión machista diante dos propios xulgados.
17/11/2011 O Sector de Transportes da central advirte dos riscos que implican estas decisión da Inspección Médica e as Mutuas e enmarca estas actuacións na política de recortes aplicada polos gobernos
A FGAMT-CIG (Federación Galega de Alimentación, Mar, Transportes, Téxtil e Telecomunicacións) vén de denunciar publicamente as neglixentes actuacións detectadas nos últimos tempos nos distintos servizos médicos (especialmente na Inspección Médica e as Mutuas), consistentes en dar a alta laboral a condutores profesionais que están a recibir un tratamento que impide manexar vehículos e maquinaria nas condicións de seguridade adecuadas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com