Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
FGMAT-CIG
17/3/2011 As protestas contra a represión na empresa, convocadas a niven estatal, incluíron un paro que se prolongou media xornada
Varios centos de traballadores e traballadoras de telefónica da provincia de Pontevedra percorreron hoxe en manifestación as rúas de Vigo para esixir a readmisión de dous compañeiros/as despedidos en Madrid e Barcelona. As protestas, convocadas a nivel estatal para denunciar a actitude represiva da empresa, incluíron un paro de media xornada e concentracións ás portas da compañía. As mobilizacións, que se repetirán o vindeiro 7 de abril, tamén tiveron eco en Lugo, Ourense e A Coruña.
25/2/2011 Os delegados e delegadas da CIG na empresa denuncia a persecución que practica a dirección contra afiliados ou simpatizantes da central sindical
Os delegados e delegadas da CIG en Vertifil, do Grupo Celtic, veñen de denunciar un novo caso de persecución contra afiliados/as ou simpatizantes da central sindical. Se hai uns meses a empresa despedía a unha traballadora por ter participado nunha manifestación da CIG durante a folga xeral de setembro, nesta ocasión o acoso prodúcese contra un traballador que formou parte da candidatura da central sindical, que acaba de ser despedido.
15/11/2010 O fiscal solicita tres anos de prisión e sancións económicas por un suposto delito de danos e outro contra os dereitos dos traballadores/as
Este mércores 17 de novembro a partir das 10.00 horas comeza en Vigo o xuízo contra un afiliado da CIG e oito persoas máis acusadas dun presunto delito de danos e outro contra os dereitos dos traballadores/as durante a súa participación na folga do transporte de mercadorías por estrada de Pontevedra en 2008. A petición fiscal eleva a tres anos a pena de cadea e propón unha sanción económica de 10 meses a razón de seis euros diarios e outra de 12 meses coa mesma cantidade. Dende a federación de Transportes da CIG consideran que se trata de un novo intento de amedrentar a clase traballadora máis reivindicativa.
26/10/2010 CIG-Salnés relaciona o cese coa súa participación nunha manifestación o día da folga xeral e anuncia que recorrerá a decisión no xulgado
Compañeiros/as e delegados sindicais da CIG no comité de empresa realizaron unha concentración diante da planta de Vertifil, no polígono de Mirallos da localidade pontevedresa de Moraña, para protestar polo despedimento da traballadora despois de que participase na manifestación convocada pola central en Vilagarcía o día da folga xeral. Durante o acto denunciaron que nos últimos meses producíronse até tres ceses por motivos ideolóxicos e anunciaron que levarán o caso aos tribunais.
2/9/2010 Dende a CIG adiantan que investigarán as contas da conserveira para determinar se existen irregularidades constitutivas de delito
O informe económico elaborado pola administración concursal de Alfageme vén confirmar as sospeitas da CIG no que respecta á responsabilidade da dirección na situación que atravesa a conserveira, inmersa nun Expediente de Regulación de Emprego e sen ter abonado parte dos salarios nin as indemnizacións aos traballadores/as despedidos. Dende a central nacionalista adiantaron que barallan tamén extender a investigación “con carácter retroactivo” ás contas da empresa para determinar se existiron irregularidades tipificadas como delito.
1/6/2010 A empresa continúa coa súa política de despedir a traballadores/as afiliados á central
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante dos Xulgados de Ferrol para amosar o total rexeitamento á política de represión sindical practicada pola compañía Monbus-Rialsa, que vén de despedir a unha traballadora afiliada á central. A protesta desenvolveuse coincidindo co xuízo polo despedimento improcedente desta condutora, que levaba máis de cinco anos na empresa.
16/4/2010 O responsábel do instituto de promoción económica afirmou estar realizando xestións, aínda que recoñece que a familia Lago “non facilita” unha solución
Representantes dos traballadores e traballadoras de Alfageme reuníronse esta mañá en Vigo co Director Xeral do Igape para tentar buscar unha solución á difícil situación que atravesa o cadro de persoal. Non obstante, segundo explicou o Secretario Nacional da FGAMT-CIG, Xosé Fernández Piñeiro, non se produciu ningún avance xa que o responsábel do instituto limitouse a constatar que a empresa ten presentado concurso de acredores e asegurar que a administración continuará realizando xestións para atopar un comprador e apartar a familia Lago da dirección da empresa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com