23/1/2012
Ante a imposibilidade de desenvolver o paro indefinido, o persoal manterá o calendario de concentracións previsto para os mércores
A asemblea de traballadoras da limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee acordou suspender a convocatoria de folga indefinida, mais manterá o calendario de concentracións previstas. Esta decisión chegou logo de coñecérense os servizos mínimos impostos pola administración (publicados no DOG do venres) e que practicamente supoñen manter o 100% da actividade, imposibilitando deste xeito o desenvolvemento da folga.
20/1/2012
O persoal demanda a equiparación ao Grupo E do Sergas e a apertura dunha mesa de negociación conxunta coa empresa concesionaria e a Xerencia
As traballadoras do servizo de limpeza do Hospital “Virxe da Xunqueira” de Cee continúan adiante co calendario de mobilizacións en demanda da equiparación salarial ao Grupo E do Sergas, un dereito que xa ten recoñecido o persoal de limpeza na maioría dos centros hospitalarios do País. Nesta ocasión, e diante o inmobilismo amosado pola nova empresa adxudicataria, Limpisa Grupo Norte, e a propia Xerencia, as traballadoras convocaron folga indefinida a partir do 23 de xaneiro, que afectará a todo o cadro de persoal e a todas as quendas de traballo (mañá, tarde, noite e partida).
29/12/2011
As organizacións sindicais advirten que se non se produce un cambio haberá folga indefinida a partir do 9 de xaneiro
Máis do 90% dos estabelecementos do centro comercial Catro Camiños (na Coruña) pecharon o xoves as súas portas durante a folga convocada polas organizacións sindicais contra a ampliación do horario de apertura. De feito, agás C&A, todas as tendas do Grupo Inditex, Cortefield e unha parte importante do pequeno comercio secundaron o paro que se realizou entre as 21 e as 22 horas.
22/12/2011
Os traballadores/as concentráronse diante da sede da compañía en sinal de protesta
O persoal da empresa Establecementos Pérez Leirós do Porriño convocou recentemente unha nova xornada de folga para protestar contra o crecente deterioro da compañía, que adebeda varias pagas extraordinarias, ademais do salario de setembro a varias persoas, e de outubro en diante a todo o persoal.
12/12/2011
Tamén trasladou unha protesta á Inspección de Traballo despois de que a empresa non fixese públicos os servizos mínimos
O comité de folga do hospital Povisa
de Vigo denunciou hoxe que as presións exercidas pola dirección
sobre os traballadores/as está a restarlle incidencia á folga
indefinida convocada o pasado venres para esixir a readmisión de 27
limpadoras/es. Ao meso tempo, trasladou unha protesta á Inspección
de Traballo despois de que a compañía non fixese públicos os servizos
mínimos e incluíse neles a membros do comité de empresa.
9/12/2011
A partir do luns poderase comprobar o seguimento real do paro convocado para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es da limpeza
A ponte festiva restoulle incidencia á primeira xornada da folga
indefinida convocada en Povisa polo despedimento de 27
empregadas/os da limpeza xa que moitos dos servizos do centro
médico vigués atópanse pechados. Dende a CIG entenden que até o
luns non se poderá saber cal é o seguimento real do paro.
29/11/2011
Arredor de 400 persoas percorreron en manifestación as rúas de Vigo para denunciar a actitude da patronal
Arredor de 400 traballadoras/es da
sanidade privada percorreron esta tarde as rúas de Vigo para
denunciar o bloqueo nas negociación do convenio colectivo das
clínicas privadas de hospitalización e internamento da provincia de
Pontevedra. Ao remate da manifestación anunciaron a convocatoria de
tres xornadas de folga para denunciar a actitude da patronal.