Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Folga xeral 29 de Setembro
13/10/2010 O 18 de outubro haberá unha concentración diante dos xulgados de Ourense para demandar a total exculpación do compañeiro, imputado como consecuencia das accións realizadas durante a folga xeral
A Federación de Administración Pública da CIG quere trasladar todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya, imputado xudicialmente como consecuencia da accións desenvolvidas durante a xornada de folga xeral do pasado 29 de setembro. Dende a CIG-Administración considérase que a detención e posterior denuncia contra este compañeiro teñen un carácter arbitrario e son unha nova mostra da persecución contra as actividades desenvolvidas por esta central sindical, no marco dunha folga que significou unha xornada de loita e dignidade para a clase obreira galega.
4/10/2010 Teiman en criminalizar o sindicalismo e en invisibilizar á CIG
A cobertura que os medios de comunicación fixeron da Folga Xeral celebrada o pasado 29 de setembro, volveu demostrar o seu nesgo informativo e falta de obxectividade. Particularmente a invisibilización intencionada do sindicalismo nacionalista e de clase, é unha práctica reiterada que pretende obviar a unha central sindical como a CIG que aglutina a preto de 80.000 afiliadas e afiliados, e que tivo un papel fundamental tanto no resultado da folga como nas mobilizacións realizadas no noso país.
30/9/2010 Suso Seixo afirma que ten que ser a rectificación de Zapatero logo do éxito “rotundo” da folga xeral
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, compareceu en rolda de prensa acompañado polo secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, para avaliar a xornada de folga xeral, que cualificou como “éxito rotundo”, e para reclamar do goberno central a retirada da reforma laboral e que non se leven a cabo as reformas anunciadas polo Executivo, nomeadamente a das pensións, a da negociación colectiva e a das prestacións por desemprego. Xunto a iso, demandou políticas para saír da crise favorábeis á maioría social e alertou de que as mesas de diálogo social só serviron para crear falsas expectativas e para desmobilizar.
29/9/2010 Máis de 80.000 persoas secundan as manifestacións convocadas pola CIG nas cidades e vilas do país
A Confederación Intersindical Galega avalía como un éxito rotundo a folga xeral convocada pola central sindical en Galiza este mércores 29 de setembro. Suso Seixo, secretario xeral, considera que se acadou unha participación similar á da folga xeral de 2002, superada en comarcas como Vigo, onde se superou amplamente o 80 por cento. Nas manifestacións convocadas pola central sindical, celebradas en todas as cidades e en numerosas vilas do país, a participación chegou ás 80.000 persoas. A marcha máis numerosa foi a de Vigo, onde a participación superou os 40.000 asistentes.
29/9/2010 O sector industrial secundou masivamente o paro, superando mesmo as previsións e a participación acadada na mobilización do ano 2002
Cos datos que a CIG tiña nos primeiros intres da folga, no sector industrial o paro era masivo e todo semella indicar que mesmo se supera a participación acadada no de 2002, que daquela estivo por riba do 75 por cento. Alén dos principais polígonos industriais, nas principais cidades galegas no houbo actividade nin da recollida de lixo nin de transportes urbanos e mesmo nunha empresa emblemática como Citröen, en Vigo, non se puido pór en marcha a liña de produción, por vez primeira na súa historia. Os propios datos de Rede Eléctrica Española constataron que o consumo de electricidade reduciuse considerablemente e que, en Galiza foi semellante ao de un domingo.
28/9/2010 Comités e asembleas de traballadores/as chaman a secundar a convocatoria deste 29 de setembro
Comités e asembleas de traballadores de empresas de toda Galiza fixéronos chegar comunicados de apoio e manifestaron a súa intención de sumarse á folga xeral. Xunto a estes compañeiros e compañeiras, a CIG fai un chamanento ás traballadoras e traballadores galegos a secundala e a participar nas mobilizacións convocadas pola central sindical este mércores 29 de setembro.
27/9/2010 Murais, cartaces e valos publicitarios animan á secundar tanto o paro como as manifestacións convocadas pola central
Apurando ás últimas horas antes da xornada de folga xeral, a CIG-Mocidade de Ferrol ten intensificado a campaña de información e chamamento á participación tanto no paro como nas manifestacións que a central ten convocadas o mércores 29 de setembro. Así, duplicouse o esforzo no reparto de material, asembleas, pega de carteis e elaboración de murais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com