18/1/2011
A CIG recorrera a decisión do rexedor ao entender que atenta contra o dereito á información, á liberdade sindical e á folga
O Xulgado do contencioso-administrativo
número 1 de Ourense decidiu suspender cautelarmente e pola vía de
urxencia o decreto do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán,
do PP, polo que se lle prohibía á CIG o uso de megafonía para
difundir a convocatoria de folga xeral. A central nacionalista
considera que a decisión do rexedor atenta contra o dereito á
información, á liberdade sindical e á folga e felicítase pola
resolución xudicial.
18/1/2011
A central chama á cidadanía galega a participar nas marchas que percorrerán as rúas do país
A
Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país
manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga
xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O
sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas
para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais
localidades de Galiza.
18/1/2011
En contra do maior ataque aos dereitos da clase traballadora rexistrado nos últimos 40 anos
Representantes de BNG, Galiza Nova, FRUGA, Causa Galiza e Comités participaron este martes 18 de xaneiro nun encontro organizado pola CIG para avaliar as medidas económicas e laborais que está a levar adiante o Goberno español. Os/as asistentes trasladaron o seu apoio explícito á convocatoria de folga xeral da CIG e comprometéronse a facer un chamamento á participación no paro do 27 de xaneiro co obxectivo de frear a reforma das pensións e mudar as políticas regresivas e de recortes de dereitos.
18/1/2011
As mobilizacións, encadradas nos actos previos á folga xeral, realizaranse baixo o lema “Precisamos emprego para termos futuro”
A CIG pon en marcha unha campaña para que a mocidade galega se sume á folga xeral do 27 de xaneiro, denunciando as altas cifras de desemprego e a inexistencia de políticas que muden esta situación, así como para rexeitar a reforma laboral, da negociación colectiva e do sistema de pensións. Como punto de partida da campaña, que se desenvolverá baixo o lema “Precisamos emprego para termos futuro”, mañá xoves 20 de xaneiro terá lugar unha xornada de mobilizacións por todo o país, con concentracións diante de edificios da Xunta, Subdelegacións do Goberno e oficinas de emprego.
17/1/2011
Delegacións de ambas organizacións mantiveron un encontro para avaliar a situación socioeconómica actual e as consecuencias das reformas anunciadas polo goberno
Representes da CIG mantiveron unha xuntanza este luns cunha delegación do BNG de cara a recoller apoios para a convocatoria de folga xeral do vindeiro 27 de xaneiro. Durante o encontro abordouse a situación socioeconómica actual e avaliáronse as consecuencias que están a ter as políticas aplicadas polos gobernos galego e español e os recortes que suporá a aprobación dunha reforma das pensións nas liñas defendidas polo executivo estatal.
17/1/2011
A CIG xa presentou un recurso contra a decisión do alcalde "popular" da vila ourensá
O Concello de Verín rexeitou a
solicitude feita pola CIG no sentido de poder publicitar mediante
megafonía a convocatoria de folga xeral do vindeiro 27 de xaneiro
apelando á ordenanza municipal sobre civismo, uso e limpeza da vía
pública e protección da paisaxe urbanística. A negativa
comunicouse mediante un decreto asinado polo rexedor local, do PP,
que xa foi recorrido pola central nacionalista mediante a
presentación dun contencioso-administrativo.
14/1/2011
O traballo elaborado pola fundación da CIG leva por título “A gran mentira das pensións”
Está
realmente en perigo o sistema público de pensións? Cal é a súa
orixe? É necesaria a súa reforma? Que intereses se agochan tras dos
ataques ás pensións públicas? A que responde a reforma antisocial
que promove o PSOE? Que resposta debe dar a clase traballadora fronte a
estas políticas?