Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Galego
18/4/2012 A CIG-Ensino viña denunciándoo e alertando das súas consecuencias: menos orzamento por centro e graves prexuízos económicos para os que xa desenvolveron actividades programadas
No seu día, a CIG-Ensino denunciou que a convocatoria de axudas aos equipos de normalización Lingüística para este ano 2012 sufría unha redución orzamentaria do 69% respecto da convocatoria dos cursos 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do curso 2008-2009. A adxudicación provisional dea xudas aos Equipos de normalización lingüística vén confirmar esa denuncia.
16/4/2012 As carreiras pola lingua percorrerán once comarcas galegas coa participación de centros de ensino de toda Galiza
Representantes das entidades organizadoras do Correlingua 2012 presentaron esta mañá en Santiago a décimo terceira edición desta carreira que arrincará o vindeiro 2 de maio na cidade de Ourense e que percorrerá once comarcas baixo o lema “Galego. Todo o que buscas”.  No acto entregáronse tamén os premios do Certame de vídeo, Banda Deseñada e do Manifesto ao alumnado dos colexios e institutos participantes. Os centros premiados son CPI Pontecesures (4º da ESO) polo Manifesto, e finalista CPI Ponte Carreira de Frades, en Banda Deseñada o CEE O Pino de Ourense e o CEIP A Laxe de Marín (3-5 anos) e en Vídeo o IES Mosteirón de Sada.
13/4/2012 Pais e nais da comarca do Bierzo veñen denunciando desde o curso pasado presións para que os seus fillos e fillas non pidan a materia de lingua galega nos centros de Secundaria
Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación, a lingua galega vai ser retirada da oferta educativa do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada. Este feito supoñería o incumprimento do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galiza e a Comunidade de Castela e León para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das comunidades autónomas (Bierzo e Sanabria) asinado en 2006 e do Estatuto de Autonomía de Castilla y León que establece que “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice”.
9/4/2012 A plataforma cidadá inicia unha campaña informativa previa que chegará a vilas e cidades de toda Galiza e da diáspora
A plataforma cidadá Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700 entidades sociais de todo tipo, entre elas a CIG, presentou formalmente esta mañá en rolda de prensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión “Paremos os ataques contra o galego”.  
16/1/2012 Diminúe un 22% os cursos que programa de xeito directo, deixando 11 localidades sen garantía de oferta
A CIG Ensino denuncia un novo ataque ao noso idioma por parte da Consellaría de Educación. A convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 redúcese drasticamente respecto da convocatoria do pasado ano, deixando a 11 localidades sen garantía de oferta.
20/12/2011 Denuncia que pretende reducilos a departamentos de actividades culturais en galego
A CIG-Ensino considera que é inaceptábel que, “ao servizo da propaganda”, o Secretario Xeral de Política Lingüística dedique os seus esforzos a saír nos medios de comunicación difundindo unha imaxe “falsa” da verdadeira implicación do seu departamento e a Consellaría de Educación, á que pertence, con profesorado que día a día traballa pola normalización do noso idioma.
15/12/2011 Convoca unha nova concentración para o sábado 17 de decembro, ás 17:00 horas, na Praza do Toural, en Compostela
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma parte a CIG celebrou esta mañá, diante da institución do Valedor do Pobo, unha concentración para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía. O vindeiro sábado está convocada outra concentración, na Praza do Toural, en Compostela, ás cinco da tarde.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com