marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Grupo BA Glass
11/3/2010 Durante a celebración do xuízo por demanda de rescisión de contratos
10-03-10 Xuízo Vidreira Atlántico
Os traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico acudían o mércores 10 de Marzo ao Xulgado do Social número 3 de Ourense, onde ía ter lugar a vista pola demanda de extinción dos contratos de máis de 75 empregados/as da factoría limiá. Na vista quedou demostrado que o proceso de concurso de acredores foi inducido polo Grupo ao que pertence a fábrica e que se produciu unha violación sistemática, no último ano, dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, polo que dende a CIG e o persoal se solicita unha indemnización de 45 días por ano traballado, máis outra indemnización complementar por vulneración de dereitos. Dende a CIG de Verín destacan tamén que, durante o xuízo, os administradores concursais ratificaron nas súas declaracións os argumentos esgrimidos pola parte social, cualificando de fraudulenta a actuación da empresa.
1/3/2010 O Xulgado Social nº 3 de Ourense, dando a razón aos/ás traballadores/as e á CIG, vén de declararse competente para resolver o caso
Exterior Vidreira
O próximo día 10 de Marzo, coincidindo cos actos conmemorativos do día da Clase Obreira Galega, vaise celebrar en Ourense, no Xulgado Social nº 3, ás 9:00 horas, un xuízo de extinción de contratos de máis de 75 traballadores/as da Vidreira do Atlántico, S.A., a petición propia, por falta de ocupación efectiva e violación dos seus dereitos fundamentais.
16/2/2010 A petición deste concurso de acredores podería estar en fraude de lei, segundo denuncian
20100111vidreira
O persoal da Vidrieira do Atlántico presentou unha nova iniciativa xudicial en Ourense. Estamos a falar dun recurso de apelación presentado na Audiencia provincial polo comité contra a solicitude de lei concursal presentada pola sociedade lusa BA Glass, propietaria da fábrica de vidro. A base desta nova demanda está baseada en que a petición de concurso de acredores está en fraude de Lei.
9/2/2010 A autoridade laboral vén de sancionar á dirección da factoría da Limia por incumprimentos graves
20100111vidreira
A Inspección Provincial de Traballo e S.S. de Ourense vén de pronunciarse, contundentemente, sobre varias accións adoptadas pola Dirección da empresa Vidreira do Atlántico, S.A. que constitúen o núcleo básico do concurso de acredores formulado; rexeitándoas, tipificándoas como graves e, consecuentemente, sancionando a citada patronal.
13/1/2010 O persoal trasladouse este mércores até os Xulgados de Ourense onde levou a cabo unha concentración
10-01-13 Concentración persoal Vidreira Xulgados Ourense
Uns 80 traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico concentráronse na mañá deste mércores diante do Pazo de Xustiza de Ourense para reclamar á xuíza que leva a demanda concursal que atenda as reclamacións do persoal e se pronuncie dunha vez sobre todas as medidas adoptadas pola empresa. Dende a CIG reclámase á autoridade xudicial que ampare ao conxunto dos traballadores/as que levan máis dun ano loitando pola defensa dos seus dereitos e que agora se atopan nunha complicada situación por causa da decisións arbitrarias do Grupo BA Vidro.
11/1/2010 Admite que o concurso de acredores constitúe un defraudamento de lei
20100111vidreira
A CIG, diante das últimas novas aparecidas nos medios de comunicación nos últimos dias sobre o conflito da Vidreira do Atlántico, emitiu un comunicado da prensa no que sinala que "aínda que, aos traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico, nos tería gustado ollar unha actitude activa dos Alcaldes da Limia en defensa dos postos de traballo, acompañada da presentación dunha protesta perante o Presidente do Grupo BA, polo tratamento discriminatorio e represaliante que se está a infrinxir á nosa comarca e a este País; o certo é que as noticias publicadas, relativas á reunión mantida o 8 de xaneiro na cidade do Porto entre Alcaldes e Presidente do Grupo BA, veñen confirmar e ratificar todo o que, dende Xaneiro do 2009, denunciamos os traballadores e traballadoras da Vidreira e a CIG".