3/1/2012
A CIG recorrerá a todas as instancias laborais, legais e políticas para que se poña fin ao acoso que sofre a traballadora
Esta mañá
celebrábase nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, o xuízo rápido pola
agresión que a traballadora de Autobuses de Calo, Nélida Pisco, sufriu na nave
da empresa por parte do encargado. O xuízo foi finalmente aprazado até o 29 de
marzo, a solicitude do avogado da CIG, para que se poidan presentar os informes
médicos pertinentes sobre o estado físico de Pisco. Transcorrido tan pouco
tempo desde a agresión, aínda non están todos os resultados das probas
realizadas, algunhas esta mesma mañá.
31/5/2011
A empresa tamén terá que indemnizar as traballadoras ás coidadores dos autobuses escolares despedidas ao remate do pasado curso
A Sala do Social do Tribunal Superior de
Xustiza de Galiza vén de desestimar o recurso presentado por Hedegasa e de
declarar o dereito de Nélida Pisco “a percibir en concepto de dano moral a
cantidade de 6.251 euros”. Con esta sentenza o TSXG vén corroborar as denuncias
que a CIG viña dous anos facendo contra a empresa. “Demóstrase así que a
actitude da empresa non tiña xustificación algunha e que o único que pretendía
era presionar á traballadora para que abandonase o seu posto de traballo
voluntariamente”, afirma o representante da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón.
7/2/2011
A traballadora fora despedida por Hedegasa por pedir unha redución de xornada para atender a súa filla
Nélida Pisco, que fora despedida de Hedegasa (Autobuses de Calo) e que posteriormente gañara no xulgado o dereito a ser readmitida, logo de declararse nulo o seu despedimento, cumpriu o pasado xoves un mes traballando de novo. A pesar de que polo momento a situación non é ideal ao non existir unha relación formalizada coa empresa e que quedan asuntos que aclarar sobre como debe realizar a súa ruta, desde a CIG valórase como moi positiva a súa reincorporación logo de máis de dous anos de loita polos seus dereitos e de case un ano de ser despedida.
26/11/2010
Convocará unha concentración o 2 de decembro coincidindo co seu regreso ao posto de traballo como condutora de autobuses
A CIG entregou esta mañá no Rexistro da Consellaría de Traballo e Benestar, un escrito solicitando unha entrevista coa conselleira, Beatriz Mato, e dirixiuse ao Consello Galego de Relacións Laborais e ao Servizo Galego de Igualdade para tratar da situación na que se atopa a condutora de Hedegasa (Autobuses de Calo), Nélida Pisco. Dadas as circunstancias que rodean este claro caso de acoso, de discriminación por razón de xénero e de flagrante incumprimento da lexislación en materia de Igualdade a central sindical entende que soborda o ámbito estritamente comarcal. Por iso foron a secretaria confederal de Muller, Margarida Corral e o propio secretario xeral, Suso Seixo, quen presentaron a solicitude no rexistro, en demanda da intervención da administración.
3/11/2010
A central sindical fai un chamamento á empresa a normalizar a súa situación laboral e evitar un conflito que enfronte máis aínda as posicións
O pasado mes de agosto o xulgado declaraba nulo o
despedimento de Nélida Pisco Suárez, que non puido reincorporarse até que
recibiu a alta médica o venres 30 de outubro. Ese mesmo día a traballadora foi
entregar o parte á empresa e representantes da CIG que a acompañaban solicitaron
unha reunión para desactivar definitivamente o conflito e normalizar a
situación, facilitando a súa reincorporación efectiva como condutora. A xuntanza nunca se celebrou e a empresa deu
vacacións á traballadora logo de negarse a darlle unha ruta e mesmo a falar con
ela.
27/8/2010
O xulgado do Social nº 1 de Santiago declara nulo o seu despedimento
A condutora de HEDEGASA (Autobuses de Clao), Nélida Pisco, que fora despedida logo de solicitar redución de xornada por garda legal, terá que ser readmitida logo de que o xulgado do social nº 1 de Santiago declara nulo o seu despedimento. Para a CIG con esta sentenza queda recoñecido que houbo unha situación de clara discriminación de xénero.
30/6/2010
Ás 11:15 horas, no Xulgado do Social número 1 de Compostela, en Fontiñas
Este xoves celébrase, a partir das 11:15 horas, no Xulgado do Social nº 1 de Fontiñas, en Compostela, o xuízo contra Hedegasa (Autobuses de Calo) polo despedimento da condutora Nélida Pisco, que se produciu logo de que esta solicitara a redución de xornada (dereito recollido na Lei de Igualdade) para atender á súa filla. A CIG considera que se trata dun caso de acoso discriminatorio e que se vulnerou o dereito á igualdade.