10/2/2010
A asemblea de delegadas e delegados encheu o local sindical desta cidade
Desde as 10 da mañá do mércores dia 10 de febreiro as delegadas e delegados da CIG reunironse en Asemblea comarcal no Salón de Actos do Local Sindical do Parque San Lázaro. A partir das 11 celebraron unha concentración, da que participaron perto de 300 delegadas e delegadas, diante da Subdelegación do Goberno, no Parque Sán Lázaro "para manifestar a nosa protesta contra o recorte das pensións, esixindo a retirada da lei".
9/2/2010
Despois dunha asemblea comarcal de delegadas e delegados
A CIG en Ourense inicia a campaña de mobilizacións contra a reforma do sistema público de pensións pola que se
pretende retrasar a idade de xubilación e a súa cuantía. Asi, terá lugar o 10 de febreiro unha concentración, despois dunha asemblea de delegadas e delegados desta Unión Comarcal, diante da Subdelegación do Goberno.