Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
informe
18/3/2011 Un informe da CIG constata que o noso país perdeu preto de 100.000 empregos en dous anos
O ano 2010 rematou cunha nova perda da ocupación en Galiza, con 50.700 postos de traballo  menos. Se a isto lle sumamos os 47.800 que se destruíron no 2009, son preto de 100.000 os postos de traballo que desapareceron en apenas dous anos en Galiza, segundo os datos facilitados pola Enquisa de Poboación Activa que recolle un informe sobre o mercado de traballo realizado polo Gabinete Técnico Confederal da CIG.
16/3/2011 O documento salienta a elevada flexibilidade do mercado de traballo galego e o fracaso da reforma laboral
A CIG vén de facer público un informe no que se analiza polo miúdo a contratación rexistrada no noso país durante o ano 2010. O traballo, realizado polo Gabinete Técnico Confederal da central nacionalista, salienta a “elevadísima flexibilidade do mercado laboral galego e o total fracase da reforma laboral”, que non fixo máis que incrementar o número de contratos temporais.
14/12/2010 A denuncia cifra nuns 12 millóns de euros as axudas públicas que foron desviadas pola conserveira para a inmobiliaria
A administración concursal de Alfageme presentou unha demanda contra a inmobiliaria Promalar, tamén propiedade da familia Lago, por presunto financiamento irregular ao ter desviado preto de 12 millóns de euros en axudas concedidos á conserveira. A denuncia, que foi admitida a trámite, esixe o reingreso dos cartos na empresa, o que permitiría facer fronte ás indemnizacións pendentes coas traballadoras/es.
2/9/2010 Dende a CIG adiantan que investigarán as contas da conserveira para determinar se existen irregularidades constitutivas de delito
O informe económico elaborado pola administración concursal de Alfageme vén confirmar as sospeitas da CIG no que respecta á responsabilidade da dirección na situación que atravesa a conserveira, inmersa nun Expediente de Regulación de Emprego e sen ter abonado parte dos salarios nin as indemnizacións aos traballadores/as despedidos. Dende a central nacionalista adiantaron que barallan tamén extender a investigación “con carácter retroactivo” ás contas da empresa para determinar se existiron irregularidades tipificadas como delito.
4/3/2009 Un informe reflicte que a alta temporalidade e as xornadas parciais con as características principais do mundo laboral feminino
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a campaña e o programa de actos que vai desenvolver con motivo da conmemoración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional da Muller Traballadora. Durante a presentación tamén se deu a coñecer o informe elaborado polo Gabinete Técnico da central arredor da situación socio-laboral das mulleres galegas. “Por un modelo económico novo, xusto e solidario” e “8 horas traballando, 8 horas para durmir e 8 horas para a nosa vida persoal e familiar”, son os lemas escollidos para a campaña, cuxos actos foron presentados por María do Carme López Santamariña, secretaria de CIG-Muller, e Natividad López Gromaz, responsábel do Gabinete Técnico da central.
30/1/2009 O documento está elaborado polo Gabinete Técnico da central
O Gabinete Técnico da CIG vén de realizar un informe sobre os datos do paro durante o pasado ano. A responsábel do mesmo, Natividad López Gromaz, destaca que xa desde mediados do ano 2007, “os datos do paro rexistrado viñan presentando signos preocupantes”. No documento, que analiza por sectores os índices de desemprego, tamén se sinala que, se analizamos os datos en valores absolutos, “temos que retrotraernos ao ano 2004, para atopar valores semellantes de parados nas listas do INEM en Galiza”. A continuación reproducirmos o informe completo.
1/3/2008 8 de marzo, Día da Muller Traballadora
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta”. Unha campaña que, alén de denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar. Os datos, que aparecen recollidos no informe “A muller no mecado laboral en Galiza. 2007” avalan esta afirmación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com