marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
inspección de traballo
10/2/2010 Nova acción destes desempregados do sector
20100209parados
Os traballadores do sector naval que forman parte da asemblea de parados o martes 9 de febreiro realizaron unha nova acción de protesta e visibilización da situación na que se atopan, pola falta de regulación de contratación no sector. Asi, ás once da mañá ocupaban a Delegación da Inspección de Traballo en Vigo, onde se mantiveron até ser recibidos polo Xefe de Inspección de Traballo, Xesús Casas de Ron, ao que lle trasladaron as súas demandas e inquedanzas. 
9/2/2010 A autoridade laboral vén de sancionar á dirección da factoría da Limia por incumprimentos graves
20100111vidreira
A Inspección Provincial de Traballo e S.S. de Ourense vén de pronunciarse, contundentemente, sobre varias accións adoptadas pola Dirección da empresa Vidreira do Atlántico, S.A. que constitúen o núcleo básico do concurso de acredores formulado; rexeitándoas, tipificándoas como graves e, consecuentemente, sancionando a citada patronal.
18/1/2010 Interpuxeron unha denuncia por abandono da actividade empresarial mentres continúan os peches nas fábricas de Vigo e Ribadumia
20100117alfagemeX
As traballadoras e traballadores de Alfageme continúan mantendo o peche indefinido nos centros desta conserveira en Vigo e Ribadumia. Ademais comezaron esta semana con mobilizacións e accións que continuarán cada un dos dias da semana, tentando presionar para conseguir unha solución para este conflito. A do luns foi a primeira destas xornadas, e nela achegáronse até Inspección de Traballo  para formulizar unha denuncia polo cese da actividade, até un dos domicilios de Juan Lago, encamiñándose despois até a sede da inmobiliaria do dono de Alfageme, Promalar.
30/12/2009 Esta nova infracción engádese á sanción ao ente público a causa da cesión ilegal dun traballador da USC
Radio Galega
A Inspección de Traballo declarou en fraude de lei a contratación, na modalidade de interinidade en vacante, da xefa de Programas da Radio Galega, Gloria Ferreiro. Segundo a autoridade laboral, Ferreiro foi contratada para coordinar os programas e os locutores que presentan os mesmos e estas funcións non coinciden coas de locutora de radio sinaladas no contrato.
29/12/2009 A falta de avances por parte das compañías, os traballadores/as continúan co calendario de mobilizacións
Reivindicacións persoal limpeza CHUAC
A Inspección de Traballo vén de iniciar unha investigación polas múltiples irregularidades cometidas polas empresas que teñen a contrata dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC, logo das denuncias trasladadas pola CIG e os traballadores/as. Aínda que a resolución non estará lista até o vindeiro mes de xaneiro, a CIG-Servizos cualificou de positivo o encontro no que “quedou demostrado que as empresas teñen contratos en fraude de lei”. Así mesmo, o persoal mantén o calendario de mobilizacións diante da xerencia do Complexo para este mércores 30 de decembro.
21/12/2009 O persoal reclama que se restabeleza o subministro eléctrico e se permita levar auga aos compañeiros pechados nos guindastres
20091217termaviIV
Os traballadores de Termavi continuaban esta mañá a folga indefinida iniciada a pasada semana para reclamar a readmisión de nove compañeiros despedidos cunha nova concentración nos edificios da Autoridade Portuaria, xa que é este organismo quen impide aos folguistas achegarse ás instalacións da empresa e aos compañeiros que continúan en folga de fame no alto dos guindastres. Dende a CIG critícase a pasividade das administracións na resolución deste conflito e demándase unha maior implicación tanto da Inspección de Traballo como da Xunta e a Subdelegación do Goberno.