marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
instalacións deportivas
17/3/2010 Adolfo Naya permaneceu retido durante dúas horas e foi fichado por uns supostos feitos acontecidos durante a folga de instalacións deportivas
10-02-02 Concentración na delegación da Xunta III
A CIG rexeita a detención do sindicalista da Federación de Servizos, Adolfo Naya, quen esta tarde foi retido de xeito ilegal durante dúas horas na comisaría de policía onde foi fichado por un suposto delito de coaccións que tería acontecido durante a folga de instalacións deportivas. Ao igual que aconteceu a pasada semana, un membro da CIG volve ser obxecto de persecución inxustificada, afondando o proceso de criminalización contra a central sindical por terse destacado na defensa dos dereitos da clase traballadora galega.
12/3/2010 Na tarde deste venres 12 de marzo, a partir das 17:15 horas
Folga indefinida. Mobilización Concello Ferrol
A CIG-Servizos de Ferrol ten convocada para a tarde deste venres, 12 de marzo, concentracións diante das piscinas da Malata e de Narón para esixir a readmisión de dous traballadores que foron despedidos como represalia por ter participado na folga de instalacións deportivas, que vén de suspenderse.
10/3/2010 A central amosa a desconformidade co informe municipal e demanda que se impoñan as sancións correspondentes
Folga indefinida. Mobilización Concello Ferrol I
A CIG-Servizos de Ferrol vén de amosar a súa desconformidade co informe transmitido polo Concello a respecto da actuación das empresas concesionarias das instalacións deportivas durante o decurso da folga no sector, xa que a central entende que si existiu neglixencia e dolo por parte das compañías, polo que se solicitou que se esixan responsabilidades, que se produzan as correspondentes sancións, así como a readmisión da traballadora despedida durante o paro.
9/3/2010 O Secretario nacional de Servizos, Paulo Rubido, tamén foi identificado por “ser susceptíbel” de ter cometido algún delito
10-03-09 Detención Salvador
A CIG amosa a súa máis enérxica repulsa á detención ilegal do Secretario comarcal da CIG-Servizos de A Coruña, Salvador Cerqueiro, quen na tarde deste martes foi conducido á Xefatura Superior de Policía, retido e fichado, sen que en ningún momento se lle explicasen as razóns de tal actuación. Así mesmo, a policía procedeu á identificación de dous delegados desta central que participaban nunha concentración diante da Xefatura, mentres que ao Secretario Nacional da Federación tomáronselle os datos por ser “susceptíbel” de ter cometido algún acto delituoso. A CIG denuncia este violación dos dereitos fundamentais e á persecución a que está sendo sometida a central sindical.
9/3/2010 Acádase o obxectivo de chegar a ser mileuristas e estabilidade horaria na xornada
09-11-30 Folga instalacións deportivas
Foron necesarios 47 días de folga (os últimos 36 de folga indefinida), manifestacións, concentracións, peches e onte máis de 7 horas de xuntanza para que as traballadoras e traballadores de instalacións deportivas puideran acadar o seu principal obxectivo: asinar un convenio que os permita chegar a ser mileuristas no ano 2012. A CIG-Servizos manifesta a súa satisfacción tras asinarse este acordo que pon fin a un dos conflitos máis duros dos vividos no sector.
9/3/2010 Logo dunha maratoniana xuntanza de sete horas no Consello Galego de Relacións Laborais
10-03-05 Segundo día acampada persoal deportes II
A folga indefinida iniciada o pasado 1 de febreiro nas instalacións deportivas do País quedou suspendida na noite do luns tras chegar a un preacordo as organizacións sindicais e a patronal, que garante o cumprimento dos mínimos esixidos polos traballadores e as traballadoras a respecto das táboas salariais e as condicións “ad personam”. Así mesmo, o persoal que viña desenvolvendo unha acampada diante da sede dos empresarios en A Coruña levantou a medida de protesta pouco despois da medianoite.