15/3/2011
Os incidentes prodúcense pola rotura das cañarías e poñen en risco tanto ao persoal como aos usuarios/as
Traballadoras e traballadores da residencia de Maiores de Caranza desenvolveron unha concentración o luns pola mañá en protesta polo mal estado no que se atopan as instalacións. O centro sofre con frecuencia inundacións pola rotura das cañarías, provocando problemas no funcionamento ordinario da residencia e expondo a situacións de risco tanto ao persoal como aos usuarios/as por mor da proximidade da instalación defectuosa e o sistema eléctrico.
18/3/2010
A avaría no sistema de refrixeración deixou patente as numerosas deficiencias en materia de seguridade
A CIG-Administración vén de denunciar a falta de coordinación e información aos traballadores e traballadoras das oficinas da administración en Matogrande, quen esta mañá se atoparon co oitavo andar do edificio Proa inundado, os ascensores inutilizados e as escaleiras de acceso anegadas de auga, logo de que un cano do sistema de refrixeración rebentase.