Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
IPISA
9/11/2009 Continúan sen pagarlle o salario ao Presidente do Comité de Empresa
O pasado 27 de outubro tivo lugar unha reunión co delegado de Ourense da Consellaria de Traballo, José Selas para lle trasladar os problemas graves de liberdades sindicais que perduran no centro de traballo de Ipisa, louseira de Valdeorras, na que ademais doutros conflitos, ao presidente do Comité de Empresa non se lle están a pagar as nóminas atrasadas, mais denuncian, a través de un comunicado de prensa, que o responsábel da Xunta non realizou ningún tipo de acción nestes dez dias, polo que van proceder a presentar denuncias en Inspección de Traballo e no Xulgado do Social por estes casos.
26/10/2009 Críticas á Asociación Galega de Pizarristas polo seu silencio
O sábado 24 de outubro a través dunha nota de prensa o responsábel da CIG en Valdeorras, Adriano Brito, anuncióou que a central sindical nacionalista denunciará á louseira diante da Inspección de Traballo e no Xulgado do Social por por coartar a liberdade sindical. Esta denuncia xurde polo feito de que un dos membros do comité de empresa aínda non cobrou a nómina correspondente ao mes de abril cando o resto de traballadores xa recibiron a de maio, o que supón "unha medida de presión por parte da dirección".
11/9/2009 O persoal da louseira de Valdeorras continúa á espera da mediación da Xunta no conflito
A Inspección de Traballo remitiu unha “acta de advertencia” á Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) para que cumpra o disposto na normativa referida á regulación do dereito á folga e para que permita á entrada ao centro de traballo e a reincorporación ao posto unha vez rematados os paros.
31/7/2009 O persoal suma xa cinco mensualidades sen cobrar, incluída a paga extraordinaria de xullo
Camiño de Ourense e en demanda do cobro dos seus salarios, os traballadores e as traballadoras de IPISA retomaron as mobilizacións, logo de tres xornadas de traballo e antes do inicio do período de vacacións. O conxunto do persoal, acompañado por sindicalistas da CIG e CCOO de Valdeorras e Ourense marcharon sobre e capital da provincia para reclamar á Xunta que medie nun conflito laboral que se ven prolongando dende hai case tres anos.
29/7/2009 O xoves 30 de xullo marcharán até o edificio da Xunta para reclamar a implicación da administración no conflito
Os traballadores e as traballadoras de IPISA retomarán na mañá do xoves 30 de xullo as protestas en demanda do pagamento dos atrasos salariais e de garantías para o mantemento dos seus empregos. O persoal marchará a Ourense, onde desenvolverá unha manifestación até as portas do edificio da Xunta para reclamar a implicación da administración neste conflito.
24/7/2009 Esta manobra enmarcaríase nunha operación de venda dalgunha das concesións mineiras da empresa
A CIG de Valdeorras vén de informar que Iberoitaliana de Pizarras (IPISA) remitiu un fax aos representantes dos/as traballadores/as informando dunha serie de “legalismos”, destinados a impedir que o conflito se arraxe. Dende a Unión Local sospéitase que a intención da empresa é crear unha situación insostíbel entre o persoal para que sexan os propios traballadores/as os que reclamen a rescisión dos seus contratos, e desfacerse así dun xeito barato, do persoal indefinido. Esta manobra estaría enmarcada nunha operación de venda dalgunha das concesións mineiras das que dispón a louseira.
23/7/2009 Os traballadores e traballadoras cumpren xa os 14 días de folga consecutiva
O alcalde de O Barco de Valdeorras comprometeuse a mediar no conflito laboral que están a vivir os traballadores e traballadoras de IPISA durante a reunión que mantivo na mañá do 23 de xullo cos membros do Comité e os representantes sindicais de CIG e CCOO. O persoal de Iberoitaliana de Pizarra sumou este mércores o seu decimo cuarto día de folga.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com