16/9/2010
Denunciaron cunha concentración na Gran Vía de Vigo que a compañía lles comunicou por correo electrónico o cese de actividade
Empregados e empregadas da
empresa Isocold de Mos trasladaron hoxe as súas protestas ás portas
da vivenda de Francisco Álvarez Villamil, propietario da compañía,
na Gran Vía de Vigo para denunciar a situación na que se atopan
despois de que lles comunicaran mediante correo electrónico o cese
de actividade.Os arredor de 50 afectados/as continúan presentándose
no seu centro de traballo e realizan quendas para evitar a
desaparición de material.
1/9/2010
A empresa con sede na vila pontevedresa de Mos comunicou por correo electrónico unha decisión que afecta a uns 50 empregados/as
Os traballadores e traballadoras da empresa Isocold de Mos anunciaron
que convocarán seis xornadas de folga durante o mes de setembro para
protestar polo “cese de actividade” comunicado pola dirección
mediante correo electrónico. A decisión afecta ás preto de 50
persoas que directa ou indirectamente traballan para a compañía
dedicada á fabricación de espuma de poliestileno para illamentos,
polo que xa adiantaron que reclamarán nos xulgados a improcedencia
dos despedimentos. Mentres, os operarios/as continúan acudindo ao
seu centro de traballo e realizando quendas para impedir a saída de
material.