Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Levantina
12/3/2010 O persoal está a concretar un novo calendario de protestas para os vindeiros días
Os traballadores/as de Levantina (antigo grupo Graninter) continúan adiante co calendario de mobilizacións diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño, para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant. Este venres 12 de marzo está convocada unha concentración dende as 14 ás 14:30 horas e xa se estudan novas mobilizacións en contra do desmantelamento da factoría.
25/2/2010 Denuncian que son despedimentos encubertos e o posíbel desmantelamento desta empresa
Nunha nova ocasión máis volveronse mobilizar os traballadores e traballadoras da empresa Levantina (antiguo grupo Graninter) diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant, provincia na que se encontra a sede central do grupo, e onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para marzo.
24/2/2010 Denuncian que sete traslados forzosos son sete despedimentos encubertos para desmantelar a administración
O xoves 25 de febreiro de 14 a 14.30 o persoal de Levantina, antiguo Grupo Graniter, volverá concentrarse ás portas desta factoría para amosar a súa solidariedade coas sete compañeiras/os que pretenden trasladar a Alacant, e contra o desmantelamento desta empresa.
22/2/2010 Entrevistáronse co alcalde, asi como cos grupos municipais de BNG e PsdeG neste concello despois da mobilización
O persoal da empresa Levantina (antiguo grupo Graninter) concentráronse o sábado 20 de febreiro diante do concello de O Porriño para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant, provincia na que se encontra a sede central do grupo, e onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para marzo. Despois desta mobilización tiveron diversas reunións nas que obtiveron o ocompromiso de mediar no conflito, asi como de solicitar o apoio da Consellaria de Traballo e Industria para evitar o desmantelamento desta firma en O Porriño.
18/2/2010 Continúan coas mobilizacións diante da empresa
O xoves 18 de febreiro ás 14 da tarde tiña lugar ás portas da factoría de Levantina, no Polígono da Granxa, unha nova concentración de perto de cen traballadores/as, que no cambio de quenda, se volveron mobilizar para amosar o seu rexeitamento aos traslados forzosos, que son novos despedimentos encubertos. O sábado dia 20 ás 12 fronte ao Concello do Porriño hai convocada unha concentración convocada polo Comité de Empresa de Levantina, no que teñen presenza CIG, CCOO e UGT.
17/2/2010 O xoves ás 14 da tarde haberá unha nova concentración
Os traballadores/as de Levantina (antiguo Grupo Graninter) continúan coas suas mobilizacións para denunciar o trasalado forzoso de seis compañeiros/a a Alicante, tras do que se agochan despidos encubertos e o posible inicio do desmantelamento do departamento administrativo da planta de O Porriño. Ademais no Parlamento Galego, a través do BNG, presentarase até tres iniciativas para denunciar a súa situación.
12/2/2010 Convocan unha nova concentración o xoves 18 e unha manifestación o sábado 20
O venres 12 de Febreiro os traballadores e traballadoras e Levantina (antiguo Grupo Graninter), empresa adicada á transformación do granito, concentraranse de novo ás 14 horas ante as dependencias da mesma, no Polígono de A Granxa en O Porriño, para mostrar a sua oposición ao traslado forzoso de seis compañeiros/as a Alacant: 3 son membros do Comité de Empresa e duas traballadoras están acollidas a reducción de xornada por coidado de fillos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com