20/1/2012
CIG-Ensino denuncia os recortes en formación do profesorado e a actitude ditatorial e galegófoba do director xeral
A CIG Ensino denuncia que o
servizo de asistencia xurídica do que a Consellaría fixo alarde estes días
pasados non só é unha privatización senón tamén unha “burla” ao profesorado ao “ultralimitar”
a súa eficacia, impedindo consultas que non lle interesen á Xunta de Galiza. Considera
que se vai destinar diñeiro público a un servizo que debería prestar a propia
consellaría que “nin nos vai atender entendo a nosa especificidade”. Alén diso,
a CIG-Ensino denuncia que na Mesa Sectorial celebrada este xoves constatouse
que Educación pretende utilizar dúas ordes relacionadas coa formación do
profesorado para reconducila segundo os principios ideolóxicos do PP.
16/1/2012
Diminúe un 22% os cursos que programa de xeito directo, deixando 11 localidades sen garantía de oferta
A CIG Ensino denuncia un novo
ataque ao noso idioma por parte da Consellaría de Educación. A convocatoria de
cursos de lingua galega preparatorios
para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 redúcese
drasticamente respecto da convocatoria do pasado ano, deixando a 11 localidades
sen garantía de oferta.
20/12/2011
Denuncia que pretende reducilos a departamentos de actividades culturais en galego
A CIG-Ensino
considera que é inaceptábel que, “ao servizo da propaganda”, o Secretario Xeral de Política
Lingüística dedique os seus esforzos a saír nos medios de comunicación
difundindo unha imaxe “falsa” da verdadeira implicación do seu departamento e a
Consellaría de Educación, á que pertence, con profesorado que día a día
traballa pola normalización do noso idioma.
15/12/2011
Convoca unha nova concentración para o sábado 17 de decembro, ás 17:00 horas, na Praza do Toural, en Compostela
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma
parte a CIG celebrou esta mañá, diante da institución do Valedor do Pobo, unha
concentración para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno
López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de
texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a
lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de
autonomía. O vindeiro sábado está convocada outra concentración, na Praza do Toural,
en Compostela, ás cinco da tarde.
12/12/2011
En protesta polo ditame supostamente favorábel á retirada dun libro de texto escolar por reproducir que “o galego é a lingua propia de Galiza"
A plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por
máis de 700 entidades sociais de diferente tipoloxía, entre elas a CIG, convoca
para esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá unha
concentración diante da sede do Valedor do Pobo, en Santiago de Compostela.
17/10/2011
O 16 de outubro rematou o prazo para os presentar proxectos de normalización
Despois das reiteradas denuncias da CIG-Ensino, a Consellaría de
Educación atendeu dúas das demandas realizadas sobre a convocatoria de premios
á innovación en dinamización lingüística: que se publicasen no DOG e que se
publicasen no inicio do curso escolar. Deste xeito, o pasado 15 de setembro
publicábase no DOG a convocatoria para este curso. Porén os prazos marcados recollen
que a resolución pode demorarse até o 15 de decembro, o que suporá que se perda
o primeiro trimestre para a posta en marcha do proxecto.
12/9/2011
Considera que se confirma así que a Consellaría ten por obxecto destruír o noso idioma e o ensino público
A Consellaría de Educación publicou no DOG do pasado venres día 9 unha
orde pola que se deixa sen efecto a do 1 de marzo de 2011 que regulaba as bases
para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos
didácticos curriculares para niveis non universitarios. Segundo
se argumenta na propia orde “A política
orzamentaria .. exixe nestes momentos efectuar un axuste nos créditos
inicialmente asignados …, ante os posibles incumprimentos, por parte do Estado,
dos compromisos de achegas de anticipo do fondo …” En definitiva, a
Consellaría de Educación aplícalle un novo e importante recorte á lingua
galega, mais aproveita para facer política en contra do goberno do Estado,
adxudicándolle a “culpa” deste incumprimento institucional.