marco
Artigos de opinión
Entrevista a Samir Amin: «A iniciativa aínda está en mans do capital»
11/03/2010Giuliano Battiston
Este sistema é inaceptábel e ineficaz, como demostra o recente nacemento dun planeta de barrios marxinais, os campesiños expulsados das terras ...
Os EUA estão doentes
11/03/2010Boaventura de Sousa Santos
Os EUA são o único país do mundo desenvolvido em que a saúde foi transformada em mercadoria e o seu provimento entregue ao mercado privado das...
10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
10/03/2010Suso Seixo
A CIG celebra neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións....
Pensións no Estado español: como que non hai cartos?
09/03/2010Sabino Cuadra Lasarte
O cobro das pensións futuras depende non só de canta xente cotice ata daquela, senón tamén da riqueza (material, social...) que se produza men...
O dez de marzo na lembranza
09/03/2010Manuel Mera
O dez de marzo de 1972 foi un día triste pra Ferrol e toda Galiza, xa que morrían nas rúas da cidade dous operarios de Bazán e uns trinta resu...
O Chile nas mãos de Piñera
09/03/2010Antonio Lassance
Caos como constante diária
08/03/2010Immanuel Wallerstein
Los Lebreros
3/7/2009 A empresa rematou a contrata que tiña para o servizo de hostelaría do Arsenal Militar
09-05-28 Folga Los Lebreros Ferrol 1
A CIG-Servizos de Ferrol vén de denunciar publicamente que os nove traballadores de Los Lebreros destinados ao servizo de hostelaría do Arsenal Militar teñen quedado sen emprego e sen cobrar as tres últimas nóminas, logo de que rematese a contrata do Ministerio de Defensa coa empresa gaditana. Dende a CIG reclámase á administración que achegue unha solución, xa que era coñecedora das prácticas da compañía, así como da situación que padecían os traballadores/as.
1/6/2009 A dirección comprometeuse a pagar as mensualidades de abril antes do 5 de xuño
09-05-28 Folga Los Lebreros Ferrol 2
Os traballadores e traballadoras da Los Lebreros S.L. decidiron desconvocar a folga que se viña desenvolvendo nos servizos do Arsenal Militar de Ferrol, logo de que a dirección da empresa se comprometese a abonar antes do 5 de xuño as mensualidades adebedadas dende abril e a garantir o pago dos salarios de maio. Dende a CIG-Servizos de Ferrol sinalaron que van vixiar o cumprimento do acordo, que cualificaron de “mal menor”.
28/5/2009 Ocúpanse dos servizos de hostalería. mantemento e limpeza do Arsenal Militar de Ferrol
09-05-28 Folga Los Lebreros Ferrol
Os traballadores e traballadoras de Los Lebreros continúan a folga convocada no Arsenal Militar de Ferrol para exixir o pago das mensualidades atrasadas. O persoal, que atende os servizos de cafetaría e limpeza do edificio militar, levan sen cobrar dende o mes de abril e denuncian que están a padecer unha “enorme precariedade laboral”. A folga convocada para os días 27, 28 e 29 de maio está sendo secundada de xeito maioritario e acompañada de concentracións de mañá e tarde diante do Arsenal.
20/5/2009 Reclaman o pago dos atrasos salariais e denuncian a precariedade laboral que padecen
Uns 50 traballadores e traballadoras da empresa de servizos de hostalería e limpeza Los Lebreros concentráronse diante das instalacións do Arsenal Militar de Ferrol para reclamar o pagamento da nómina de abril e contra a precariedade laboral que están a padecer. A empresa, subcontratada polo Ministerio de Defensa, atende os servizos de cafetería e limpeza do recinto militar e leva xa dous meses de atraso, aducindo problemas de liquidez.