Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
manifestación
10/5/2013 Considera que a decisión da empresa pode vulnerar o dereito á tutela efectiva
O Xulgado do Social número 3 de Vigo acordou a suspensión cautelar dos 97 traslados unilaterais a Madrid acordados por Unínoso, por considerar que pode vulnerar o dereito á tutela efectiva toda vez que as situación persoais, nomeadamente das traballadoras, dificultarían os traslados obrigando a estas a optar pola rescisión do contrato, sen que estivera resolto o conflito colectivo.
25/4/2013 A xornada de folga convocada pola CIG na firma de telemárketing tivo un seguimento do 70%
Arredor de 700 persoas participaron hoxe na manifestación convocada pola CIG para rexeitar os plans de Unísono de deslocalizar 97 empregos de Vigo a Madrid, mobilización coa que se puxo fin á campada iniciada diante da empresa a noite anterior. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista cifran nun 70% o seguimento da xornada de folga convocada na compañía de telemárketing.
10/4/2013 Desenvolverase en Carballo, con saída ás 12:00 horas do aparcamento do Haley
A CIG manifesta o seu apoio á mobilización nacional convocada pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto, para o vindeiro domingo día 14 de abril. A manifestación, que terá lugar en Carballo baixo o lema “Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro. Non á mina de Corcoesto”, sairá ás 12:00 horas do aparcamento do Halley.
8/4/2013 A Sección Sindical da CIG reclama á implicación da Xunta para buscar alternativas ao peche e salvar todos os postos de traballo
Arredor de 8.000 persoas manifestáronse na mañá do domingo 7 de abril polas rúas da Coruña en defensa da continuidade industrial da Fábrica de Armas e de todos os postos de traballo. Dende a Sección Sindical da CIG esixiuse a implicación directa e real da Xunta e do Presidente do Goberno galego para evitar o peche dunha factoría que conta con sete décadas de historia e cuxo cese suporía un novo golpe para o cada vez máis feble tecido industrial da comarca da Coruña.
22/3/2013 A marcha sairá ás 12:00 horas da Praza da Palloza e rematará na Delegación do Goberno
Os traballadores e traballadoras de Santa Bárbara Systems volverán manifestarse polas rúas da Coruña o sábado 23 de marzo, cunha marcha que partirá da Praza da Palloza ás doce do mediodía e irá até a Delegación do Goberno, onde se vai facer entrega dun escrito dirixido ao Ministerio de Defensa, reclamando a súa implicación a favor da continuidade da factoría e o futuro industrial da comarca.
21/3/2013 Alertan de que tras a reforma do PP haberá que pagar polos certificados de nacemento, defunción ou matrimonio
Os traballadores/as públicos/as dos Xulgados galegos están en pé de guerra contra os plans do Goberno español do PP de privatiza o Rexistro Civil. En Vigo, máis de 200 funcionarios/as manifestáronse para rexeitar a reforma que prepara o ministro de Xustiza. Houbo mobilizacións noutros puntos do país.
15/3/2013 Milleiros de persoas percorreron o centro da cidade convocados pola Plataforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal do Chuvi
Milleiros de persoas percorreron onte as rúas do centro de Vigo nunha nova mobilización en defensa da sanidade pública e contra a privatización do novo hospital convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e a Xunta de Persoal do Chuvi. Os promotores da protesta, entre os que se atopa a CIG, advirten que se a Xunta segue coa súa política de recortes e privatizacións “aumentarán as demoras, non haberá acceso a medicamentos innovadores e perderanse os niveis de calidade, anos de vida útil, multiplicándose o sufrimento e a ansiedade -como xa é evidente- e perderanse vidas innecesariamente”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com