3/7/2009
Estiveron seguidas dun desmedido despregue de antidisturbios, que acompañaron aos folguistas
A mañá do venres 3 de xullo era de novo punto de encontro para os folguistas nas distintas zonas industriais, desde onde partían para coller pasadas as dez da mañá vinte autobuses para mobilizarse nesta xornada fronte á Factoría Naval de Marín, para despois camiñar até Pontevedra, onde se realizou unha nova manifestación polo centro da cidade, onde puideron escoitar e visibilizar a dignidade da loita do Metal, que non para e que continúa, diante de ameazas e o acoso patronal, e baixo unha forte presión e unha desmedida presenza de dotacións de antidisturbios de novo.
2/7/2009
Novas marchas na vixésimo segunda xornada de folga polo centro de Vigo
Se o escenario dunha folga despois de vintedúas xornadas de folga sempre é complexo, na mañá do 2 de xullo aínda o era un pouco máis, xa que amencía coa decisión, que aparecia nos medios de comunicación, de UGT de desconvocar a folga do Metal. A folga continuou e novas marchas percorreron a cidade de Vigo, que confluiron nunha asemblea na Praza do Concello, onde se decidiu continuar coas mobilizacións e levar na xornada 23 de folga esta folga até Marín e Pontevedra. A CIG apostou por recompoñer a unidade sindical e por continuar a dar a batalla por acadar un convenio digno.
18/6/2009
A dirección comprométese a pagar 36 días por ano traballado e garantir o emprego na planta de fío durante 3 anos
A asemblea de traballadoras e traballadores de
Galfrío, celebrada na tarde do xoves 18 de xuño, aprobou por unanimidade o
preacordo acadado entre a representación social e a empresa. O texto, ao que
haberá que incluír algún “pequeno matiz”, será redactado e asinado no mañá do
venres 19 de xuño ante a Inspección de Traballo.
17/6/2009
A proposta xurdiu na reunión mantida entre a representación social, a empresa e a Inspección de Traballo
As traballadoras e traballadores de Galfrío
volveron concentrarse na mañá do 17 de xuño diante dos edificios da Xunta en
Vigo para amosar o seu rexeitamento ao ERE presentado pola empresa, así como
polas escasas compensación que oferta a dirección. Posteriormente trasladáronse
até a Inspección de Traballo, onde os representantes dos traballadores/as
mantiveron unha reunión coa empresa para tentar chegar a un acordo sobre o
despedimento de 53 persoas, logo de rematado o período oficial de negociacións
e ante o anuncio da Inspección de emitir un informe desfavorábel.
9/6/2009
A CIG-Mar critica que a administración non sexa quen de achegar alternativas ao peche da planta de elaborados
O persoal de Galfrío volveu protagonizar unha
nova acción na mañá do martes 9 de xuño en contra do expediente de regulación
na planta de elaborados de Marín e para reclamar á administración a busca de socios
que se fagan cargo da planta de elaborados, permitindo deste xeito o mantemento
dos postos de traballo. Desta volta pecháronse novamente na delegación da Xunta
en Pontevedra onde o se lles comunicou que a administración non atopa alternativas
para evitar o peche da fábrica.
5/6/2009
A empresa pechou a planta de elaborados que posúe en Marín, deixando na rúa a 55 operarios/as
As/os traballadoras/es de Galfrío pecháronse na mañá do venres 5 de xuño na cuarta planta do edificio administrativo da Xunta en Vigo para reclamar a administración que promova unha reunión entre a empresa, o Comité e o IGAPE coa obxecto de buscar novos socios e evitar deste xeito o despedimento de 55 operarios da planta de elaborados de Marín.