3/7/2009
A sección sindical da CIG valora de xeito positivo o documento, pero subliña que o importante agora é a defensa dos empregos
O día 1 de xullo a representación sindical, entre elas a Sección Sindical da CIG, que é maioritaria na Entidade en Galiza, e a dirección do Banco Pastor asinaban o II Acordo Marco, que garante cara ao futuro as melloras extraconvenio, nun momento no que se anuncian mudanzas no sector financeiro. Dende a sección sindical valoraron positivamente o acordo, aínda que advertiron que o primordial nestes momentos é a defensa dos postos de traballo ante o decreto do goberno para a reconversión do sistema financeiro.