Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
mobilización
21/10/2011 A mobilización, que se celebra ao mesmo tempo noutras cidades galegas, comezará a partir das 20.00 horas
A Unión Local da CIG de Valdeorras fai un chamamento a toda a afiliación do sindicato para que participe na mobilización convocada o vindeiro xoves 27 en defensa da sanidade pública. A central nacionalista apoia deste xeito os actos reivindicativos organizados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco. O resto do país tamén acollerá mobilizacións ese mesmo día.
28/9/2011 A central nacionalista realizou unha concentración de protesta diante da oficina de Verín para denunciar un despedimento inxustificado
A CIG realizou onte unha concentración en Verín para para demandar a readmisión dun afiliado inxustamente despedido por organizar unha cea para falar da situación laboral en Banesto. A central nacionalista inicia con esta protesta o calendario de mobilizacións para denunciar un novo caso de represión sindical na entidade bancaria.
14/7/2011 A mobilización, que terá continuidade o vindeiro xoves, incluíu un paro de catro horas nos estaleiros que foi secundado de xeito masivo
Máis de 3.000 traballadores/as do naval percorreron hoxe a pé as rúas de Vigo para reclamar o compromiso das Administracións públicas e da sociedade galega na defensa dun sector fundamental para a comarca e para o conxunto do país que se atopa sumido nunha grave crise por mor da falta de carga de traballo e dos problemas de financiamento. A protesta, que incluíu un paro de catro horas nos estaleiros e empresas auxiliares que tivo un seguimento masivo, rematou diante do edificio da Xunta de Galiza, onde os representantes sindicais lembraron que están en xogo máis de 10.000 empregos directos e reiteraron a súa aposta pola mobilización social para salvar unha industria "ferida de morte".
3/7/2011 Suso seixo, secretario xeral da CIG, anuncia que a central sindical promoverá unha grande mobilización a finais de outubro de cara a preparar unha nova convocatoria de folga xeral
As marchas de desempregados e desempregadas que percorreron Galiza desde Ferrol, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Vilagarcía confluíron este domingo na Alameda compostelá. Entre aplausos e malia o cansazo acumulado, sumáronse aos milleiros de galegos e galegas que saíron en manifestación convocados pola CIG para percorrer as rúas da capital de Galiza até a praza da Quintana. Alí foi onde Suso Seixo, secretario xeral da CIG, anunciou que a central sindical promoverá unha grande mobilización, a finais de outubro, xunto con outras organizacións políticas e sociais do país, que se intentará facer confluír con convocatorias similares noutras nacións do estado, de cara a preparar, se é posíbel, unha nova folga xeral, mesmo a nivel do estado español.
27/3/2011 Mobilización social e presión política teñen que ir da man para salvar unha industria que perdeu xa 7.500 postos de traballo dende 2010
A CIG convoca unha manifestación en Vigo este xoves 14 de abril en defensa do naval e do emprego como resposta á crítica situación que atravesa o sector. A central nacionalista considera imprescindíbel a mobilización social e a presión política para manter unha industria da que dependen máis de 10.000 empregos na comarca e que no último ano e medio xa perdeu arredor de 7.500 postos de traballo. A marcha partirá de Vía Norte ás 20.00 horas e está previsto que remate diante do edificio da Xunta de Galiza, xunto á Praza da Estrela.
7/2/2011 A empresa pretende sanear as súas contas reducindo traballadores/as e conxelando os salarios durante os próximos anos
Os traballadores e as traballadoras de Einsa en Andrade e As Pontes, que esta fin de semana realizaron un peche no Concello de Pontedeume, continuarán adiante coas mobilizacións na defensa dos empregos e das condicións laborais, diante da negativa da dirección a aceptar ningunha das propostas presentadas polos Comités e que evitarían os despedimentos e as rebaixas salariais que pretende a dirección.
22/11/2010 O Comité convocou unha concentración para o martes 23 de novembro diante do edificio administrativo da Xunta en A Coruña
O Comité de Empresa de Elaborados Metálicos EMESA, do grupo Isolux Corsán, fixo público o malestar e preocupación de todos os traballadores e traballadoras, directos e indirectos, diante da penosa situación que están a padecer, ao encadear dous EREs temporais consecutivos, regulacións nas que a empresa non ten respectado os pactos acadados co persoal para a rotación do tempo de traballo. Así, a asemblea de traballadores/as acordou iniciar un calendario de mobilizacións, que comezará este martes 23 de novembro cunha concentración diante dos edificios administrativos da Xunta en A Coruña.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com