Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
mobilizacións
9/2/2012 Nas máis de 100 sentenzas xa ditadas ratifícase que os contratos de SEAGA están en fraude de lei e recoñécese o carácter de fixo descontinuo
Traballadores e traballadoras de SEAGA participaron esta mañá nunha asamblea aberta, na praza da Quintana, para avaliar o resultado das demandas presentadas, valorar a situación derivada das sentenzas xa ditadas e debater sobre as medidas de presión a adoptar para regularizar a súa situación. O persoal de Seaga no seu conxunto, acordou exixir o inicio da precampaña a través desta empresa pública no mes de marzo, tendo en conta as especialmente adversas condicións climatolóxicas que se veñen dando este ano. Ao remate da asemblea, saíron en manifestación e remataron en San Caetano, ante a consellaría de Mar e Medio Rural.
31/1/2012 As mobilizacións foron convocadas pola CIG para reclamar cambios na xornada, calendarios anuais e contratación de persoal das listas
Centos de traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Sergas. No caso de Vigo, cerca de 50 persoas concentráronse no centro da rúa Bolivia por espazo de media hora e a continuación iniciaron un peche no interior das instalacións que teñen previsto manter até mañá.
17/1/2012 O calendario de mobilizacións deste mes rematará o vindeiro xoves 26 de xaneiro cunha manifestación dende Vía Norte ás 20.00 horas
Varios centos de traballadores e traballadoras do naval da Ría de Vigo cortaron hoxe o tráfico en Teis para denunciar a falta de implicación dos Gobernos español e galego na busca de solucións ao sector. Os afectados/as, que tamén repartiron folletos informativos fronte ao mercado, e traballan xa na organización dunha marcha a pé entre Moaña e Cangas e na manifestación polas rúas vigueses que pechará o calendario de mobilizacións deste mes.
12/1/2012 Suso Seixo chamou en Vigo á mobilización por un novo modelo máis xusto e solidario e adiantou a posibilidade de convocar unha nova folga xeral antes do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Centos e centos de delegados e delegadas da Confederación Intersindical Galega saíron hoxe á rúa en todo o país para amosar o seu rexeitamento ás medidas adoptadas polo Partido Popular nada máis acceder ao Goberno español porque volven cargar o peso da crise sobre a clase traballadora. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, fixo en Vigo un chamamento á mobilización para conquistar un modelo económico e social máis xusto e solidario e adiantou a posibilidade de convocar unha nova folga xeral antes do 10 de marzo, data na que se celebra o Día da Clase Obreira Galega.
22/12/2011 A central nacionalista considera “inxusta e inmoral” a decisión da cadea de supermercados
Ducias de delegados/as da CIG volveron concentrarse fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten en Ourense en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
12/12/2011 Convocadas concentracións nos centros, ás que se convida a participar ás ANPAS, o 15 de decembro
A CIG-Ensino, xunto coas outras organizacións sindicais da área de educación, presentaron en rolda de prensa o novo calendario de mobilizacións conxuntas, co que se dá continuidade ás que se que se veñen convocando desde o curso pasado, contra o incremento do horario lectivo e contra os recortes que está a sufrir o ensino público en Galiza. Entre as mobilizacións previstas propuxeron seguir mantendo en lugar visíbel pancartas reivindicativas; aprobar nas Xuntas de Persoal unha proposta de resolución exixindo a retirada da orde e realizar concentracións en todos os centros educativos o día 15, ás que convidan a participar ás ANPAS.
9/12/2011 Convocan concentracións en todos os centros de ensino para o vindeiro día 15 de decembro e convidan a participar ás ANPAS
Tras acordar, o pasado 30 de novembro, continuar coas mobilizacións en defensa do ensino público, as organizacións sindicais, entre elas a CIG-Ensino, veñen de presentar as súas novas propostas, entre as que se inclúe a convocatoria de concentracións en todos os centros o vindeiro día 15 de decembro e aprobar nas Xuntas de Persoal unha proposta de resolución esixindo a retirada da orde.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com