Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Mos
13/10/2011 A federación de Químicas desbancou deste xeito a CCOO como forza maioritaria
A federación de Químicas e Enerxía da CIG conseguiu os tres delegados/as de persoal que se escollían nas eleccións sindicais celebradas recentemente na compañía porriñesa Aztega La Artística. Con este resultado, a central nacionalista desbanca a CCOO como forza maioritaria.
8/7/2011 A central obtivo tres dos cinco representantes que se escollían no comité de empresa
A Confederación Intersindical Galega (CIG) venceu nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Forbos Adhesives Spain ao sumar un delegado/a máis que CCOO. Deste xeito, a central nacionalista acadou tres dos cinco representantes que se escollían no comité da empresa con sede en Mos.
16/9/2010 Denunciaron cunha concentración na Gran Vía de Vigo que a compañía lles comunicou por correo electrónico o cese de actividade
Empregados e empregadas da empresa Isocold de Mos trasladaron hoxe as súas protestas ás portas da vivenda de Francisco Álvarez Villamil, propietario da compañía, na Gran Vía de Vigo para denunciar a situación na que se atopan despois de que lles comunicaran mediante correo electrónico o cese de actividade.Os arredor de 50 afectados/as continúan presentándose no seu centro de traballo e realizan quendas para evitar a desaparición de material.
1/9/2010 A empresa con sede na vila pontevedresa de Mos comunicou por correo electrónico unha decisión que afecta a uns 50 empregados/as
Os traballadores e traballadoras da empresa Isocold de Mos anunciaron que convocarán seis xornadas de folga durante o mes de setembro para protestar polo “cese de actividade” comunicado pola dirección mediante correo electrónico. A decisión afecta ás preto de 50 persoas que directa ou indirectamente traballan para a compañía dedicada á fabricación de espuma de poliestileno para illamentos, polo que xa adiantaron que reclamarán nos xulgados a improcedencia dos despedimentos. Mentres, os operarios/as continúan acudindo ao seu centro de traballo e realizando quendas para impedir a saída de material.
15/12/2009 O paro e de catro horas o 15 e o 17 de decembro en cada quenda
Terceira xornada de folga, e desta volta increméntase o número de horas de paro, pasando de dúas a catro horas en cada quenda. Con concentracións ás portas da empresa, e coa incerteza e dúbidas polo futuro da empresa, os traballadores e traballadoras desta empresa de mecanizados do Metal de Mos continúan cun amplisimo seguimento a súa mobilización e folga.
14/12/2009 Contra os sete despedimentos nesta empresa do metal de Mos
O Comité de Empresa de Rodicut ten convocada nesta semana dúas novas xornadas de folga nesta firma de mecanizados do Metal, que está situada en Mos. Así, pasarán a ser paros de catro horas en cada quenda, e están convocados para o martes 15 e o xoves 17 de decembro polo mantemento do emprego e pola readmisión dos sete compañeiros/as despedidos.
3/12/2009 O xoves 3 de decembro tiveron a segunda xornada de folga, con paros de dúas horas e cun amplo seguimento
De 12 a 14, de 14 a 16, e de 22 a 00, volvian ser nesta segunda xornada as horas de paro convocadas na fábrica de mecanizados do Metal, Rodicut, que diante de sete despedimentos decidiron convocar como primeira medida de presión esta folga de dous días na primeira semana, parando dúas horas en cada quenda. O seguimento foi maioritario, con pouquisimas excepcións, mais xa decidiron convocar novas mobilizacións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com