3/7/2009
Reclaman unha potenciación dos medios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira
A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria volveu lanzar unha chamada de atención sobre a situación das costas galegas como “porta de entrada” á cocaína en Europa. Dende a central reclámase unha potenciación de medios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, razón pola que a CIG xa se ten dirixido á Dirección Xeral de VA para que dote a Galiza dun Sistema Integrado de Vixilancia Exterior, similar ao que actualmente controla as costas andaluzas e canarias.
12/2/2009
A embarcación de Ribadeo está parada dende novembro de 2008 e a lancha de Muros precisa dunha reparación urxente
A CIG quere
denunciar unha vez máis a falta de interese que mostran os responsábeis de
Vixilancia Aduaneira na loita contra o narcotráfico en Galiza. A patrulleira de
Ribadeo Alcaraván II leva dende o mes de novembro de 2008 parada por reparación
nos motores. Recentemente, no medio dos temporais pasados, tivo que trasladarse
a de A Coruña a realizar un servizo que en principio tería que facer a de
Ribadeo, o que supón que ademais de atrasar e poñer en risco o operativo,
arriscase a vida dos funcionarios que teñen que desprazarse moitas millas en
condicións meteorolóxicas moi adversas, de alarma vermella.
5/2/2009
O Centro Zonal de Porto do Son dispón da tecnoloxía máis moderna para o control de tráfico marítimo
A CIG vén de
presentar ante a Dirección Adxunta de Vixilancia Aduaneira un escrito solicitando que se inicien os trámites pertinentes para
acadar un convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e Axencia
Tributaria, coa fin de que os medios dos que dispón o Centro Zonal de
Coordinación de Salvamento en Porto do Son poidan participar tamén na loita
contra o narcotráfico nas costas galegas.
7/1/2009
Durante o pasado ano rexistráronse até oito grandes operacións relacionadas co narcotráfico en Galiza
A sección sindical da CIG na Axencia
Tributaria volveu reiterar as súas denuncias en relación coa escaseza de medios
dos que dispón o Servizo de Vixilancia Aduaneira (S.V.A.) en Galiza, logo da
aparición duns náufragos a bordo dunha planadora. A falla de medios materias e
humanos segue a facer das costas galegas un dos lugares preferidos polos
narcotraficantes para as súas operacións.
19/8/2008
A directora do organismo é incapaz de pór freo a esta grave situación
A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria reitera as súas denuncias en relación coa escaseza de medios dos que dispón o Servizo de Vixilancia Aduaneira (S.V.A.) en Galiza. A falta de recursos e as deficiencias nos existentes ocasionan que as costas do noso país volvan ser elixidas polos narcotraficantes como unha das principais vías de acceso de droga a Europa.