Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Ucrânia: O acordo com o FMI conduz à mesma depressão que na Grécia
07/04/2014Jack Rasmus
A 27 de março de 2014, o FMI deu a conhecer as linhas mestras das condições para os seus empréstimos e outras medidas destinadas à economia ucr...
Medre das desigualdades: A súa meirande (e máis silenciada) causa
03/04/2014Vicenç Navarro
As causas das desigualdades son políticas e teñen que ver predominantemente co grao de influencia política que os propietarios do capital teñen ...
10 factos chocantes sobre os Estados Unidos
03/04/2014António Santos
São mais os países do mundo em que os EUA já intervieram militarmente do que aqueles em que ainda não o fizeram. Números conservadores apontam ...
Referendo en Crimea
19/03/2014Jacques Sapir
naval
31/3/2014 Na manifestación lembrouse que nos últimos anos a industria auxiliar perdeu 3.500 empregos e denunciáronse as promesas incumpridas do PP
Milleiros de persoas saíron este domingo ás rúas de Ferrol para demandar carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol, a construción do novo dique flotante e o levantamento do veto político ás instalacións de Fene. Dende a Sección Sindical da CIG denunciáronse as baleiras promesas do PP, lembrando que a crise do naval non só afecta aos traballadores/as do sector, senón a toda unha comarca que depende da actividade dos seus estaleiros.
27/3/2014 O persoal mobilizouse diante da Delegación de Facenda e fixo un chamamento a participar na manifestación deste domingo
Os traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares continuaron o calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo, a construción do dique e o levantamento inmediato do veto ao estaleiro de Fene cunha protesta diante dos edificios de Facenda en Ferrol e unha concentración na antiga Astano. Durante a protesta chamouse á cidadanía da comarca a participar na manifestación en defensa do sector convocada polos Comités para este domingo, 30 de marzo.
24/3/2014 A manifestación, convocada polos Comités de Navantia e a industria auxiliar, sairá ás 12 horas do Inferniño
A Confederación Intersindical Galega de Ferrol, en reunión da súa Dirección comarcal, vén de aprobar manifestar publicamente o seu apoio á mobilización convocada o domingo 30 de marzo polos Comités de empresa de Navantia e da industria auxiliar, así como reclamar explicitamente o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro de Navantia Fene.
12/3/2014 O PP adianta que non apoiará a moción presentada polo BNG no Congreso de medidas para naval público galego
A demanda de carga de traballo, a construción do novo dique flotante e, hoxe, con especial atención, o levantamento do veto á antiga Astano volveron centrar as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares que este mércores protagonizaron un peche nos estaleiros até as 16:00 horas. A esa hora, o persoal iniciaba unha marcha a pé dende as instalacións de Ferrol e outra dende o Perlío, que confluíron na metade da Ponte das Pías, para continuar xuntas até as portas do Concello de Fene, onde se realizou unha concentración.
3/3/2014 A Federación reitera a necesidade de crear bolsas de emprego en Navantia
A CIG-Metal de Ferrol compareceu o pasado venres en rolda de prensa para avaliar a situación da industria auxiliar do naval e valorar as últimas propostas lanzadas dende algunha organización sindical a través da prensa. A Federación da CIG reiterou a defensa dun sistema de bolsas de emprego para os estaleiros da ría que garanta as condicións de traballo do persoal eventual, especialmente diante dos gravísimos datos de destrución de emprego. Así mesmo, reivindicouse o levantamento inmediato do veto sobre as instalacións de Fene para non seguir limitando a súa capacidade produtiva.
19/2/2014 A Sección Sindical da CIG en Navantia lembra que o gran mercado está no sector naval civil
A Sección Sindical da CIG en Navantia compareceu este mércores en rolda de prensa para reclamar do goberno español que inicie as xestións necesarias para o levantamento inmediato do veto político ao estaleiro de Fene, xa que o futuro do sector naval está no mercado civil, ao que a antiga Astano ten limitado o acceso.
10/2/2014 Persoal das industriais auxiliares concentrouse as portas de Navantia para denunciar a súa crítica situación
Traballadores/as de Atenasa concentráronse este luns diante das portas de Navantia en contra do despedimento de seis compañeiros aos que empresa botou logo de terse asinado un ERE temporal para parte do cadro de persoal. A protesta agrupou a operarios/as de distintas auxiliares do naval que denunciaron a dramática situación que padecen tanto polo peche das empresas como pola precarización das súas condicións laborais e salariais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com