Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Soberanía para o povo traballador galego
28/07/2014Xabier P. Igrexas
Este 25 de xullo enmárcase nun contexto definido pola combinación entre a crise sistémica do capitalismo e os brutais efectos das políticas de r...
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
naval
6/5/2014 Fronte ao novo esquema organizativo que supón unha maior centralización na toma de decisións e aprovisionamentos
A Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol, ante os novo esquema organizativo, vén de reiterar a defensa dun modelo de empresa pública, asentada no seu territorio, xeradora de emprego de calidade e activadora da economía local. A reorganización de Navantia, sinalan, supón unha maior centralización na toma de decisións e de aprovisionamentos, mesmo deixando con poucas opcións ás pequenas empresas da comarca á hora de acceder ás subcontratacións.
31/3/2014 Na manifestación lembrouse que nos últimos anos a industria auxiliar perdeu 3.500 empregos e denunciáronse as promesas incumpridas do PP
Milleiros de persoas saíron este domingo ás rúas de Ferrol para demandar carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol, a construción do novo dique flotante e o levantamento do veto político ás instalacións de Fene. Dende a Sección Sindical da CIG denunciáronse as baleiras promesas do PP, lembrando que a crise do naval non só afecta aos traballadores/as do sector, senón a toda unha comarca que depende da actividade dos seus estaleiros.
27/3/2014 O persoal mobilizouse diante da Delegación de Facenda e fixo un chamamento a participar na manifestación deste domingo
Os traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares continuaron o calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo, a construción do dique e o levantamento inmediato do veto ao estaleiro de Fene cunha protesta diante dos edificios de Facenda en Ferrol e unha concentración na antiga Astano. Durante a protesta chamouse á cidadanía da comarca a participar na manifestación en defensa do sector convocada polos Comités para este domingo, 30 de marzo.
24/3/2014 A manifestación, convocada polos Comités de Navantia e a industria auxiliar, sairá ás 12 horas do Inferniño
A Confederación Intersindical Galega de Ferrol, en reunión da súa Dirección comarcal, vén de aprobar manifestar publicamente o seu apoio á mobilización convocada o domingo 30 de marzo polos Comités de empresa de Navantia e da industria auxiliar, así como reclamar explicitamente o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro de Navantia Fene.
12/3/2014 O PP adianta que non apoiará a moción presentada polo BNG no Congreso de medidas para naval público galego
A demanda de carga de traballo, a construción do novo dique flotante e, hoxe, con especial atención, o levantamento do veto á antiga Astano volveron centrar as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares que este mércores protagonizaron un peche nos estaleiros até as 16:00 horas. A esa hora, o persoal iniciaba unha marcha a pé dende as instalacións de Ferrol e outra dende o Perlío, que confluíron na metade da Ponte das Pías, para continuar xuntas até as portas do Concello de Fene, onde se realizou unha concentración.
3/3/2014 A Federación reitera a necesidade de crear bolsas de emprego en Navantia
A CIG-Metal de Ferrol compareceu o pasado venres en rolda de prensa para avaliar a situación da industria auxiliar do naval e valorar as últimas propostas lanzadas dende algunha organización sindical a través da prensa. A Federación da CIG reiterou a defensa dun sistema de bolsas de emprego para os estaleiros da ría que garanta as condicións de traballo do persoal eventual, especialmente diante dos gravísimos datos de destrución de emprego. Así mesmo, reivindicouse o levantamento inmediato do veto sobre as instalacións de Fene para non seguir limitando a súa capacidade produtiva.
19/2/2014 A Sección Sindical da CIG en Navantia lembra que o gran mercado está no sector naval civil
A Sección Sindical da CIG en Navantia compareceu este mércores en rolda de prensa para reclamar do goberno español que inicie as xestións necesarias para o levantamento inmediato do veto político ao estaleiro de Fene, xa que o futuro do sector naval está no mercado civil, ao que a antiga Astano ten limitado o acceso.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com