25/2/2013
A resposta cidadá superou ás previsións de participación dos Comités de Navantia e delegados/as da industria auxiliar
Máis de 30.000 persoas encheron as rúas de Ferrol na mañá do domingo 24 de febreiro en demanda de carga de traballo para o sector naval, a construción do dique flotante, o levantamento do veto, a defensa do emprego e o propio futuro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Durante manifestación, convocada polos Comités de Navantia e os delegados/as da industria auxiliar, denunciáronse os reiterados incumprimentos dos gobernos co naval público galego, motor económico da comarca e un sector estratéxico para o conxunto de Galiza.
22/2/2013
A marcha sairá ás 12:00 horas dende o Inferniño
O próximo domingo 24 de febreiro, a cidadanía de Ferrolterra está chamada a saír á rúa na defensa do seu principal motor económico e do que dependen arredor de 17.000 empregos directos e indirectos: o sector naval. Coa finalidade de reclamar carga de traballo, a construción do dique flotante e baixo a bandeira da defensa do emprego e o futuro da comarca, a manifestación partirá ás 12 do mediodía dende o Inferniño.
8/2/2013
A central critica que o PP deixe toda a responsabilidade dos investimentos en Navantia e acusa aos gobernos de falta de vontade para salvar o naval público galego
Responsábeis do Metal de Ferrol e da Sección Sindical da CIG en Navantia compareceron este xoves en rolda de prensa para analizar o resultado das últimas reunións coa empresa e a Consellaría de Economía e valorar o xiro dado polo PP a respecto da súa posición co naval público galego dende os compromisos pre-electorais até o momento actual. Dende a central nacionalista esixíronse actuacións políticas urxentes para garantir que se construirá o dique e esforzos redobrados para conseguir nova carga de traballo mais alá do anunciado, pero non ratificado, flotel de Pemex.
28/1/2013
Delegados/as do naval concentraranse mañá martes no Parlamento coincidindo co debate do proxecto de Orzamentos da Xunta
Era unha nova agardada, aínda que non por iso desexada. Tras das promesas políticas do PP, os múltiples informes técnicos, xurídicos e económicos, os atrasos nas xuntanzas, o desentendemento da lei do naval aprobada en 2010, os incumprimentos do chamado “contrato con Ferrol”, e sobre todo, logo de levar ao estremo ao sector público naval galego, a reunión deste luns da Comisión de seguimento confirmaba que as instalacións da ría de Ferrol non contarán con un novo dique flotante.
23/1/2013
O persoal critica o pouco interese do alcalde na defensa do sector, reclama á SEPI que comprometa a construción do dique e á Xunta que consigne partidas nos Orzamentos de 2013
Coa vista posta nos máis de 1.800 empregos da industria auxiliar perdidos só no último ano, traballadores e traballadoras do naval da ría de Ferrol saíron este mércores unha vez máis ás rúas para reivindicar carga de traballo e a construción do dique flotante. Desta volta, o persoal centrou as súas críticas na lamentábel xestión realizada polo alcalde de Ferrol e presidente da FEGAMP á hora de defender diante dos gobernos galego e español o futuro dos estaleiros públicos galegos.
20/11/2012
Na central nacionalista consideran necesario aclarar a cuestión da rectroactividade e garantir o financiamento dos proxectos
A CIG
considera unha boa noticia a aprobación onte dun novo sistema de
bonificación fiscal para o sector naval, aínda que reclama a
modificación do Imposto de Sociedades para que o novo tax lease
poida comezar a aplicarse. Ao mesmo tempo, dende a central
nacionalista fan fincapé na necesidade de que se aclare canto antes
a cuestión da retroactividade no caso de que o anterior sistema sexa
declarado ilegal e que se garanta o financiamento dos futuros
proxectos.
25/10/2012
A Sección Sindical da CIG critica que se atrasase 50 días a reunión da Comisión de Seguimento “para non achegar ningunha resolución”
A última reunión da Comisión de Seguimento do Dique flotante volve deixar ao sector naval da ría de Ferrol na máis absoluta inseguridade. Logo de adiar a xuntanza durante 50 días (nunha clara manobra por sacar a controversia da construción da obra da campaña electoral), nin a SEPI, nin Navantia nin a Xunta achegaron novas positivas para a construción do dique, senón que se escudan no custe da infraestrutura, a falta de financiamento e a aprobación de Bruxelas, para seguir dilatando a toma de decisións.