25/4/2013
Pola tarde o persoal mobilizouse no Concello coincidindo coa convocatoria da sesión plenaria
Traballadores e traballadoras de Navantia Ferrol e das empresas auxiliares continuaron este xoves coas mobilizacións e os paros de dúas horas para esixir carga de traballo e a construción do novo dique flotante. Nesta ocasión, as protestas desenvolvéronse no interior do propio estaleiro, que o persoal percorreu comezando pola área de reparacións, pasando polo peirao no que está rematándose o único buque en construción e concluíndo coa celebración dunha asemblea diante das oficinas da dirección (que foron ocupadas polos traballadores/as durante un anaco).
19/4/2013
O persoal cortou o acceso á cidade durante dúas horas e prendeu barricadas en tres puntos da Avenida do Esteiro
“Estamos nunha situación na que se nos esgota o tempo e non sabemos nada do futuro dos estaleiros”, advertía o co-resposábel comarcal da CIG de Ferrol, Manel Grandal, ao remate das mobilizacións que este venres desenvolveron os traballadores e traballadoras de Navantia e a industria auxiliar en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante.
27/3/2013
A representación do persoal manterá unha xuntanza coa dirección a próxima semana na que agardan respostas a respecto das ameazas de axustes salariais
A pesar da intensa choiva que caeu durante toda a tarde deste mércores, os traballadores e traballadoras do sector naval de Ferrol non se arredaron e saíron coa súa particular procesión polas rúas da cidade en demanda de carga de traballo, a construción do dique flotante e contra das pretensións da empresa e a SEPI de cargar agora a culpa da situación dos estaleiros sobre o persoal. A este respecto, dende a Sección Sindical da CIG agárdase que na xuntanza da vindeira semana a dirección aclare cuestións sobre carga de traballo, a construción do dique flotante e os problemas financeiros da compañia, pero tamén que despexe as dúbidas xurdidas sobre posíbeis axustes salariais.
22/3/2013
A Sección Sindical lembra que os custes salariais non son a causa nin da falta de carga de traballo nin das perdas da empresa
A Sección Sindical da CIG en Navantia-Ferrol vén de emitir un comunicado en resposta á comparecencia en sede parlamentar do Presidente da SEPI e ás declaracións realizadas polo Presidente de Navantia a un xornal. Ambos os dous responsábeis apuntaron á orixe da situación da empresa pública nos custes salariais, tentando desviar do debate a súa propia responsabilidade e deficiente xestión, e cargando a culpa da crise do sector naval público non sobre a falta de carga de traballo, senón sobre os propios traballadores e traballadoras.
14/3/2013
O persoal cortou o tráfico durante media hora na AP-9 e nos accesos á cidade
Os traballadores/as de Navantia e as empresas auxiliares volveron saír ás rúas este xoves para reclamar carga de traballo e a construción urxente do dique flotante, como ferramenta de futuro e medio para paliar de xeito inmediato a falta de actividade que abafa aos estaleiros da ría de Ferrol. A mobilización realizouse coincidindo co paro de dúas horas convocado no estaleiro.
5/3/2013
A central nacionalista pon en tea de xuízo os anunciados tirados da reunión que a SEPI e alcaldes da comarca mantiveron o luns
Ante as informacións publicadas con motivo da reunión mantida o luns entre a SEPI, alcaldes da mancomunidade e representantes sindicais, na que non estivo presente a CIG, dende a Unión Comarcal reiterouse que a central nacionalista non está para facer de “palmera do PP”. “Non imos asistir a máis reunións das que se sae cunha nova suposta solución que non fai máis que dilatar a decisión sobre o dique e permite seguir botándolle a culpa aos demais”, sinalan.
1/3/2013
A central nacionalista reitera que non participará en “cerimonias de confusión nin lavados de cara, que constitúen un verdadeiro fraude á cidadanía”
Logo da manifestación celebrada o pasado domingo, día 24 de marzo, na defensa do sector naval, e os acontecementos que lle seguiron durante esta semana, a Dirección Comarcal da CIG de Ferrol, acordou tomar a seguinte Resolución que quere facer pública: