8/2/2012
A contrata decidiu, de forma unilateral, non aplicar o acordo de incremento salarial pactado para este ano
O Comité de
Empresa de CLECE S.A., empresa adxudicataria do servizo de limpeza da
Universidade de Santiago vén de denunciar que esta contrata incumpriu o
principio de negociación colectiva ao decidir, de forma unilateral, anular o acordo
de incremento salarial pactado para este ano. Isto súmase á posibilidade de que
a empresa recorra a un ERE de redución de xornada e salario que afectaría a todo
o persoal, por mor da decisión da USC de reducir, nun millón de euros, o
orzamento que destinaba á contrata.
6/2/2012
O Goberno local, do PP, tentou impor unhas condicións laborais sen negociar e á marxe das pactadas no convenio
O Xulgado Social número 1 de Ourense vén de facer
pública unha sentenza pola que se condena ao Concello de Viana do
Bolo por violación do dereito á negociación colectiva ao tentar
impor unhas condicións laborais ao seu persoal sen negociar e á
marxe das pactadas no convenio colectivo.
3/2/2012
Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
22/12/2011
O achegamento de posturas posibilitará que a representación sindical non impugne os orzamentos
A CIG e o O Concello de Verín alcanzaron un preacordo sobre o inicio da negociación colectiva para o persoal laboral e funcionario que posibilitará, en caso de respectarse, que a representación sindical non impugne, logo de catro anos facéndoo, os orzamentos municipais para o exercicio 2012.
17/11/2011
Os traballadores realizaron concentracións ante o departamento municipal e a sede de Emalcsa e repartiron folletos explicativos polo centro da Coruña
Na cuarta e última xornada de folga desta primeira fase do calendario de protestas, os traballadores do servizo de limpeza da rede de sumidoiros da Coruña conseguiron, no marco dunha concentración ás portas das dependencias municipais en Rego de Auga, manter unha reunión co Concelleiro de Medio Ambiente, ao que expuxeron a situación a respecto dos incumprimentos e ilegalidades cometidas por Valoriza Auga, empresa concesionaria do servizo.
16/11/2011
Os traballadores, que tamén farán folga mañá xoves, reiteran o chamamento á Emalcsa e ao Concello para que interveñan na procura dunha solución dialogada
Os traballadores de Valoriza Auga, empresa que se encarga da limpeza da rede de sumidoiros da Coruña, continuaron este mércores co calendario de folgas en contra da paralización da negociación do convenio e contra os incumprimentos por parte da empresa da normativa laboral en materia de xornada.
11/11/2011
O persoal insta a Emalcsa e ao Concello da Coruña, como titulares da contrata, a que asuman as súas responsabilidades nestes conflito
Os traballadores de Valoriza Auga da Coruña están secundando estes venres a segunda xornada de folga en contra da paralización da negociación do novo convenio e contra os incumprimentos por parte da empresa da normativa laboral e das condicións técnicas recollidas na contrata con Emalcsa.