17/9/2010
A administración entende que a empresa tentou beneficiar do ERE a catro supostas traballadoras, familiares directas dos socios
O Departamento Territorial de A Coruña da Consellaría de Traballo e Benestar resolveu rexeitar a solicitude de ERE presentada pola empresa Neira & Ortegal S.L., que de aprobarse suporía a perda de 19 postos de traballo, ao atoparse múltiples deficiencias na documentación presentada e por considerar que a empresa incorreu en fraude de lei. Dende a CIG-Servizos de Ferrol quixeron subliñaron que a resolución administrativa vén confirmar as denuncias que o Comité fixo públicas sobre as irregularidades que estaba a cometer a empresa e que os levou a convocar unha xornada de folga a primeiros de setembro.
2/9/2010
A CIG-Servizos de Ferrol destaca a unidade do persoal, que tamén desenvolveu unha concentración diante do centro de traballo de Catabois
Máis do 95% do persoal da empresa Almacenes Neira & Ortegal, dedicada á compra-venda de materiais de construción e con centros de traballo en Ferrol, Narón, Ortigueira e Viveiro, está secundando a xornada de folga convocada para este xoves, 2 de setembro, en demanda do cobro dos atrasos salariais e contra do ERE de extinción proposto pola compañía.
30/8/2010
Convocan folga para o 2 de setembro, para reclamar os salarios adebedados
A asemblea de traballadoras/es de Neira & Ortegal vén de presentar á autoridade laboral o informe no que explican as razóns polas que rexeitan o ERE. Entre outras sinalan que esta actuación non asegura a súa viabilidade, presenta moitas irregularidades e só serve aos intereses da negociación dunha parte do accionariado con Construdeco S.L. Ademais anuncian a convocatoria dunha folga para o 2 de setembro, en todos os centros de traballo, para reclamar o pagamento dos salarios que se lles adebedan.