9/2/2010
Desenvolve o contemplado no Estatuto de Autonomía, na Lei de Normalización Lingüística e no Plan Xeral de Normalización, para dar cumprimento ao estabelecido e garantir a igualdade de dereitos lingüísticos
A plataforma cidadá Queremos Galego presentou unha Iniciativa lexislativa Popular (ILP), coa intención de que se debata e aprobe no Parlamento galego. A iniciativa pretende garantir por lei os dereitos lingüísticos dos galegofalantes na súas relacións coas administracións públicas e no ensino, desenvolvendo o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística e no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, ambas aprobadas por unanimidade polo Parlamento Galego. Preténdese deste xeito achegarse á igualdade real de dereitos do galego, como lingua propia de Galiza, o respecto do castelán.
13/1/2010
Percorrerá a totalidade dos centros para chamar á xornada de paro do 21 de xaneiro contra o “decretazo” e informar á comunidade educativa e á sociedade en xeral
A plataforma cidadá Queremos Galego distribuirá 75.000 folletos, 50.000 cartaces e 100.000 adhesivos en toda a rede de centros para chamar a todo o profesorado e alumnado do ensino non universitario á folga xeral do vindeiro 21 de xaneiro, en resposta ao proxecto de“decretazo” contra o galego presentado polo goberno da Xunta o pasado 30 de decembro.
4/1/2010
Denuncia que o novo decreto impón un modelo lingüístico neofranquista e chama a participar na folga convocada para o próximo 21 de xaneiro
O borrador de decreto para o uso do galego no ensino, aprobado polo Consello da Xunta do pasado día 30 de decembro, en pleno período vacacional da comunidade escolar, supón un retroceso respecto de todos os decretos aprobados desde a promulgación, en 1983, da Lei de Normalización Lingüística, que retrotrae o uso do noso idioma á época franquista, que conculca a lexislación existente e o propio Estatuto de Autonomía e que persegue “a eliminación do noso idioma como lingua útil, destarrala do sistema educativo, despoxala de todos os dereitos e evitar afianzala e que gañe novos falantes”, segundo vén de valorar a CIG-Ensino en rolda de prensa.
30/12/2009
A central esixe a retirada deste documento e o mantemento da normativa vixente
A CIG rexeita rotundamente a proposta de novo decreto presentado hoxe por Núñez Feijoo para derrogar o Decreto 124/2007. Este borrador é unha nova agresión ao noso idioma e un paso máis do Partido Popular para reducir os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos. Unha agresión que se efectiviza durante as festas do Nadal, en plenas vacacións escolares, agardando ao día 30, con nocturnidade e covardía, procurando que non haxa contestación social, o que pon en evidencia a mala conciencia deste goberno que sabe que está a atacar os dereitos das galegas e dos galegos.
29/12/2009
Baixo o lema “Non ao decreto contra o galego”, a plataforma cidadá quere “que non pase sen resposta o maior ataque contra o idioma en toda a democracia”
Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e como resposta ao anunciado decreto contra a presenza do idioma de Galiza no sistema educativo, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha “concentración de urxencia” na praza do Obradoiro de Santiago este mércores, 30 de decembro, a partir das cinco da tarde.
14/12/2009
A plataforma interpreta como “un mal síntoma” que “o presidente da Xunta non queira nin escoitar”
Nunha carta enviada como resposta á solicitude de entrevista por parte de Queremos Galego, o presidente da Xunta rexeita reunirse cunha plataforma que conta co apoio de 600 entidades, entre elas a CIG, e que convocou unha das tres maiores manifestacións da historia democrática de Galiza, cunha participación estimada pola policía en 50.000 persoas e polos organizadores en 100.000.