Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Estado español: O interese do Banco Mundial no recorte das nosas pensións
13/06/2013Carlos Gómez Gil
O que pon en risco o sistema público de pensións no Estado español non é que vivamos máis, senón a falta de cotizantes á Seguridade Social co...
Pensións: demografía ou loita de clases?
11/06/2013Juan Torres López
O que en realidade pon en perigo as pensións públicas non é que vivamos máis anos, senón as políticas de austeridade que crean paro, e que por...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
Venezuela: A revolução defende-se
06/06/2013Luís Carapinha
normalización lingüística
7/6/2010 CIG-Ensino exixe da consellaría de Educación que impida que este ataque contra a normalización da nosa lingua se efectivice
Unha vez máis o inglés, tal como pretende facer o decreto do plurilingüismo, elimina a nosa lingua das áreas que lle corresponderían, limitando por máis o dereito dos pais e nais de optar ou non a unha aula bilingüe. Así vai ocorrer no Cluny de Compostela, onde pretenden eliminar o galego en áreas como coñecemento do medio. A CIG-Ensino demanda da consellaría de Educación que impida este novo ataque contra a nosa lingua.
1/6/2010 A Federación lembra que o Decreto 79/2010 non pode ser aplicado no presente curso escolar
O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe tomou no seu día o acordo de que todos os boletíns do Equipo sexan publicados, entregados a pais e nais e expostos no taboleiro que o Equipo ten a tal fin. Recentemente, e de acordo co funcionamento habitual do Equipo, foi colocado o boletín no taboleiro despois de ser entregado a todos os pais e nais. O boletín reproducía na súa contraportada unha viñeta alusiva ás inclinacións anglófilas do presidente da Xunta publicada nunha revista de humor galega, no contexto do rexeitamento ao novo Decreto de Plurilingüismo. O Equipo de normalización, do que forma parte o Director do centro aprobara o boletín. Despois de distribuído e exposto no taboleiro, o Director, ante a queixa dun só pai e sen sometelo á consideración do Equipo de Normalización ou do Claustro, toma a decisión unilateral de retirar o boletín e posteriormente informa de que o fixo.
17/5/2010 O máis reivindicativo Día das Letras Galegas celébrase cunha histórica manifestación
Unha multitudinaria manifestación percorreu as rúas de Compostela convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, baixo o lema “O galego, o noso existir”, para celebrar un histórico e reivindicativo Día das Letras Galegas. Unha xornada na que estivo presente na memoria de todos e todas as asistentes Uxío Novoneyra, ao que se homenaxeaba nesta data, porque o galego, a forza do noso amor, non pode ser inútil, como se lembrou, unha e outra vez nas diferentes intervencións.
14/5/2010 A marcha sairá as 12 do mediodía dende a Alameda de Compostela, baixo o lema “O Galego, o noso existir”
A Plataforma Queremos Galego insta a toda a cidadanía galega a participar nunha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro luns 17 de maio, Día das Letras Galegas. Baixo o lema “O Galego, o noso existir” a plataforma cidadá agarda que a mobilización “sexa de novo histórica polas súas dimensións” e que se repita a imaxe do pasado 21 de xaneiro cando a Praza do Obradoiro quedou pequena para acoller á multitude que secundou a manifestación contra o decretazo.
14/5/2010 Recorrerá a todos os mecanismos ao seu alcance incluída a vía legal por ser totalmente contrario ao marco xurídico
A CIG-Ensino esixiu a Consellaría de Educación, en rolda de prensa, que retire o borrador de Decreto de Plurilingüismo, despois de que do ditame do Consello Consultivo o declara ilegal ao afirmar “ que resulta contrario ao ordenamento xurídico” e que contravén a legalidade vixente, nomeadamente a Lei de Normalización Lingüística, o Estatuto de Autonomía, a Carta Europea das Linguas Minorizadas e a propia LOE. Este ditame ven a sumarse ao rexeitamento de diferentes institucións, organizacións e entidades que están reclamando que se retire este proxecto.
13/5/2010 Á falta dunha xornada para finalizar a edición deste ano, esta mañá celebrouse a carreira pola lingua en A Coruña
Tras percorrer xa 12 vilas e coa vista na última etapa mañá en Vigo, o Correlingua 2010 estase a amosar todo un éxito de participación. Esta mesma mañá desenvolvíase a carreira pola lingua en A Coruña, na que participaron uns 6.000 rapaces e rapazas procedentes de máis de 40 centros da cidade e a súa bisbarra, que percorreron ao berro de “galego, galego” o paseo marítimo entre Riazor e a Torre de Hércules.
12/5/2010 A CIG-Ensino rexeita este novo ataque á nosa lingua
A CIG-Ensino denunciou un novo ataque á nosa lingua por parte da Consellaría de Educación, que vén de eliminar o requisito que permitía garantir a adquisición mínima de material en galego para as bibliotecas escolares. Baixo a escusa da multiculturalidade, a Consellaría suprime un espazo para o galego, precisamente cando se constata que nas bibliotecas escolares os libros na nosa lingua non están en situación de equidade respecto dos volumes en español.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com