Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
novo hospital de Vigo
13/5/2010 O colectivo acusa á Xunta de enganar a cidadanía e advirte que non tolerará a privatización da sanidade pública
A Plataforma para a defensa da sanidade pública de Vigo compareceu esta mañá en rolda de prensa para anunciar que as mobilizacións contra a privatización do sistema sanitario galego van continuar adiante. A Plataforma, que rexeitou o modelo de financiamento e xestión privada anunciado pola Xunta para a construción do novo hospital de Vigo, acusou ao presidente do goberno galego de enganar á cidadanía e aos traballadores/as sobre un modelo que custará máis e achegará un peor servizo.
26/3/2010 Grande expresión de rexeitamento á política privatizadora do goberno de Feijoo
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centro da cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontade privatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta de Galiza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso de Vigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas e convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública esta mobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzas sindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumou apoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país: Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas que tamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega  
25/3/2010 Contra a privatización e na defensa da sanidade pública
Comezou a folga na sanidade cunha alta participación do persoal neste 25 de marzo, na que está convocada unha folga de 24 horas na Área Sanitaria de Vigo, tanto en Atención Primaria como en Atención Hospitalaria así como en Galaria para protestar pola privatización do novo hospital de Vigo. A primeira hora da mañá os piquetes informativos estiveron informando e visitando os servizos para comprobar as incidencias. Ademais desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, e desde a federación de Saúde da CIG realízase un chamamento a participar masivamente na manifestación que ás 20 da tarde sairá da Vía Norte, e que percorrerá as principais rúas do centro da cidade, até rematar fronte á Delegación da Xunta de Galiza en Vigo, na Praza da Estrela.
18/3/2010 Critica tamén a retirada de faixas anunciando a mobilización e a falta de información nos medios desta convocatoria
Na folga do 8 de maio de 2007 en quenda de mañá mínimos 100, agora 210, en quenda de tarde había 43 e agora 139 e na quenda de noite había 14 e agora 47, Total de 157 pasa agora a 396. A CIG-Saúde de Vigo denuncia que "o SERGAS nun alarde de totalitarismo e imposición enviou un borrador de servizos mínimos para a folga do día 25 de marzo que en Primaria se incrementa en mais do 250% con respecto á última folga convocada".
26/2/2010 Rexeitan o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción
A Plataforma pola Defensa Da Sanidade Pública presentou o venres 26 de febreiro dezaseis alegacións ao Documento de Viabilidade Económico-Financieiro do Proxecto do Novo Hospital de Vigo. Rexeitan o modelo de Concesión Administrativa de obra pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) que deixa á iniciativa privada a financiación e a construción do Hospital e a explotación e xestión de servizos non clínicos e áreas comerciais autorizadas. Ratifican a exixencia de voltar a un modelo de financiación e xestión públicos, propio do Servizo Galego de Saude.
25/2/2010 O 25 de marzo xa está prevista unha nova manifestación, na que se fará un especial chamamento á cidadania
Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.
11/2/2010 Participación activa e numerosa de traballadoras e traballadores da sanidade
Celebrouse o xoves 11 de febreiro unha nova mobilización en contra da privatización da sanidade pública en Vigo, nesta ocasión o escenario foi o Hospital do Meixoeiro onde unha nutrida participación de traballadoras e traballadores participaron activamente con cánticos e proclamas en contra das intencións do goberno do PP de liquidar a sanidade pública en Vigo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com