13/9/2010
O Concello de Abegondo atoparase co mesmo problema a partir do día 16 deste mes
A Confederación Intersindical Galega (CIG), sector de correos, vén de reiterar a denunciar a respecto de que a Xefatura Provincial de Correos e Telégrafos non procedeu á contratación, na unidade de distribución de O Burgo (Culleredo), de dous traballadores para substituír aos titulares durante as súas vacacións. Esta situación está a provocar que dende principios de mes neste concello e na localidade de O Temple, se teñan acumulado máis de 5.000 envíos sen repartir.
2/9/2010
CIG-Correos denuncia que a entidade non substitúe ao persoal de vacacións
CIG-Correos vén de denunciar que varias zonas do Concello de Culleredo e do núcleo urbano de O Temple (no Concello de Cambre) levan desde principios de semana sen carteiro e con graves problemas no reparto dos obxectos postais, por mor do abandono da Xefatura provincial de Correos e Telégrafos que “non procedeu á contratación dun traballador/a para substituír ao carteiro titular durante as súas vacacións”.