17/3/2010
Anuncian que a próxima acción será nunha obra da Administración autonómica, que tamén incumpre o convenio en xornada e salarios
O mércores 17 de marzo comparecían diante dos medios de comunicación o secretario nacional da CIG-Construción, Xoán Xosé Melón, Alberte Fernández, secretario comarcal da CIG-Construción en Vigo, e Xulio Vicente, da Executiva Nacional desta federación. Para dar a coñecer a convocatoria de novas accións de mobilización, responder ás declaracións do alcalde de Vigo sobre a súa responsabilidade nas obras do Auditorio e no que alí poda acontecer, asi como para valorar a acción de paralización das obras do Auditorio, convocouse esta rolda de imprensa.
16/3/2010
Permaneceron nas instalacións até as 16 da tarde, e o mércores convocaron unha rolda de prensa de analise e avaliación
Ás 16 horas do martes 16 de marzo os traballadores e delegados/as da CIG que estaban ocupando as obras do Auditorio en Beiramar decidiron abandonar este espazo, xa que o obxectivo de paralizar as obras en toda a xornada, facer unha asemblea con todo o persoal, e informar sobre os incumprimentos do convenio que nesta obra se dan xa se conseguira. O mércores 17 ás 11.30 comparecerán diante dos medios de comunicación no local da CIG de Vigo ara dar a coñecer a convocatoria de novas accións de mobilización, responder ás declaracións do alcalde de Vigo sobre a súa responsabilidade nas obras do Auditorio e no que alí poda acontecer, asi como para valorar a acción desta xornada.