18/3/2010
A reconversión neste banco leva a externalización e destrucción de emprego
Dende 2007 a Sección Sindical de CIG en BBVA vén denunciando a ilegalidade e as consecuencias que os Proxectos Velázquez e Clima traían ao panorama laboral. Ditos proxectos supoñen unha reconversión precursora na banca tal e como a coñecemos, co obxectivo de transformar a rede nun conxunto de puntos de venda, reducindo postos de traballo e externalizando todo o traballo administrativo en distintas etapas a outras empresas, maiormente OP+, tanto no Estado español como noutros países.