21/12/2011
Ergueron carteis contra a privatización e os recortes e repartiron un “kit” de supervivencia hospitalaria entre os deputados/as, con útiles de aseo e comida
A Plataforma “SOS
Sanidade Pública”, que aglutina a todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública
constituídas nas diferentes áreas sanitarias, convocou na tarde deste mércores,
coincidindo co debate dos orzamentos, unha concentración diante do Parlamento
de Galiza. Mentres representantes das numerosas plataformas do país denunciaban
que “O público é servizo, o privado beneficio” fronte o edificio do Hórreo, no
interior, membros desta plataforma levantaban carteis en defensa do sistema público
e contra as privatizacións. Entre os aplausos dos deputados e deputadas da
oposición, a presidenta do Parlamento os expulsaba do pleno.
21/12/2011
Demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos
As federacións da Área Pública da
CIG (Administración, Saúde e Ensino) concentráronse diante do
Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ás medidas de recorte
na función pública contempladas nos orzamentos de 2012, que pretende aprobar o Goberno do PP. Denuncian que os orzamentos reducen os salarios
dos empregados/as públicos/as e destrúen o emprego público co conseguinte
deterioro dos servizos públicos, mentres se consolidan privilexios do persoal
directivo e altos cargos. Fronte a iso, demandan uns servizos públicos galegos,
sen recortes, sen privatizacións e sen copagos.
16/12/2011
O mércores 21 de decembro, ás 11:30 horas, diante do Parlamento de Galiza
As
federacións da área pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) veñen de
anunciar a convocatoria dunha concentración de delegados/as ante o Parlamento
de Galiza o vindeiro mércores día 21 de decembro, ás 11:30 horas, para
manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos restritivos, que consolidan os
recortes de servizos públicos e que afondan na rebaixa das retribucións dos/as
traballadores/as do sector público.
29/11/2011
CIG-Ensino denuncia que se reducen en 12,6 millóns respecto de 2011, pero supoñen 507 millóns menos que en 2007
Os orzamentos para Educación caen un 0,6% para 2012, ou o
que é o mesmo, 12,6 millóns de euros. Fronte a isto, a CIG-Ensino denunciou, en
rolda de prensa, que amplían a privatización, tendendo a un ensino máis
clasista e selectivo, que os centros terán menos profesorado, que aumentarán o
fracaso escolar, que amosan un total desleixo cara o noso idioma e que, no seu
conxunto son tan restritivos que poñen en perigo o xa debilitado ensino
público.
18/10/2011
CIG-Saúde denuncia que a redución de persoal da sanidade pública galega provocará que a prestación do servizo sexa, en 2014, inviable
CIG-Saúde denunciaba esta mañá, en rolda de prensa, que o mantemento dunha
taxa de reposición do 10% -é dicir, que de cada 100 traballadores/as só se
suplan 10- nas Leis de Orzamentos dos seguintes anos terá o efecto de eliminar
postos de traballo na Sanidade Pública e levará a que no ano 2014, o cadro de
persoal estea tan mermado que a prestación do servizo público será inviable.
18/10/2011
O recorte orzamentario en persoal suporá unha redución de 600 profesores/as
O goberno galego, segundo se recolle no capítulo I do Proxecto de Lei de
Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2012, pretende continuar coa redución
salarial do profesorado, que se concreta, aproximadamente, nunha media do 7%
das retribucións e nun 30% nas pagas extra. Redución que xa se vén aplicando,
no primeiro caso, desde o mes de xuño de 2010 e, no segundo, desde decembro deste
mesmo ano.