11/3/2010
Durante a celebración do xuízo por demanda de rescisión de contratos
Os traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico acudían o mércores 10 de Marzo ao Xulgado do Social número 3 de Ourense, onde ía ter lugar a vista pola demanda de extinción dos contratos de máis de 75 empregados/as da factoría limiá. Na vista quedou demostrado que o proceso de concurso de acredores foi inducido polo Grupo ao que pertence a fábrica e que se produciu unha violación sistemática, no último ano, dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, polo que dende a CIG e o persoal se solicita unha indemnización de 45 días por ano traballado, máis outra indemnización complementar por vulneración de dereitos. Dende a CIG de Verín destacan tamén que, durante o xuízo, os administradores concursais ratificaron nas súas declaracións os argumentos esgrimidos pola parte social, cualificando de fraudulenta a actuación da empresa.
4/3/2010
O alto tribunal galego elimina o pronunciamento do Xulgado do Social sobre esta cuestión
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de invalidar o pronunciamento que o Xulgado do Social número 1 de Ourense realizara sobre o plus de actividade no marco do conflito colectivo presentado sobre a legalidade ou non da xornada imposta pola empresa en xaneiro do 2009. A sentenza do TSXG vén dar a razón aos argumentos manexados pola CIG e os traballadores/as, quen no seu día denunciaron a incrongruencia das consideracións xudiciais sobre uns feitos que se estaban a dirimir no ámbito laboral.
3/3/2010
O banco trasladou a un delegado da CIG como represalia por ter defendido a un traballador despedido inxustamente
Por segundo martes consecutivo delegados e delegadas da CIG-Banca concentráronse diante da oficina principal do Banesto en Ourense para protestar polo traslado do Presidente do Comité de Empresa e delegado da CIG para unha oficina nas aforas de Ourense, establecéndolle ademais un control diario sobre a súa actividade. Posteriormente a protesta trasladouse ao interior da entidade para informar ao persoal da oficina.
1/3/2010
O Xulgado Social nº 3 de Ourense, dando a razón aos/ás traballadores/as e á CIG, vén de declararse competente para resolver o caso
O próximo día 10 de Marzo, coincidindo cos actos conmemorativos do día da Clase Obreira Galega, vaise celebrar en Ourense, no Xulgado Social nº 3, ás 9:00 horas, un xuízo de extinción de contratos de máis de 75 traballadores/as da Vidreira do Atlántico, S.A., a petición propia, por falta de ocupación efectiva e violación dos seus dereitos fundamentais.
25/2/2010
A empresa negoulles permisos retribuídos a dúas traballadoras designadas pola central para asistir á negociación do convenio provincial
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou Zara España S.A. por vulnerar o dereito á liberdade sindical da CIG-Servizos. Esta firma do grupo Inditex deberá indemnizar a central con 1.264,78 euros polo prexuízo moral ocasionado. Zara negáralles permisos retribuídos a dúas traballadoras que designara o sindicato para acudir a xuntanzas da negociación do convenio provincial do comercio téxtil ourensán.
24/2/2010
O pasado mes de novembro, o delegado defendeu a un compañeiro que fora inxustamente despedido
CIG-Banca vén de celebrar unha concentración diante da oficina principal de Banesto en Ourense para dar resposta a acción antisindical contra un delegado da CIG como represalia por defender no mes de novembro a un compañeiro inxustamente despedido.